A Mariña, 7 de marzo de 2019. O Foro Económico da Mariña é unha organización social e cultural que ten como obxecto promover a difusión do coñecemento, o estudo e a análise referida ás diferentes problemáticas e expectativas que concirnen ao conxunto da sociedade, con especial incidencia nos aspectos socioeconómicos da cidadanía mariñá.
Esta asociación pretende ser un punto de unión e encontro para os empresarios e cidadáns da comarca, dando resposta a algunhas cuestións que crean incertidume así como poñendo en común todas aquelas ideas de mellora para unha zona na que viven máis de 80.000 persoas.
A súa presidenta, Inés López Couto, é unha economista da Mariña, que xunto cun grupo doutras persoas implicadas activamente na vida social da comarca, comparten inquedanzas e decidiron iniciar este proxecto coa ilusión de traballar para mellorar e axudar á xente da zona.
O Foro Económico da Mariña pretende desenvolver actividades non só relacionadas con temática económica e produtiva, senón tamén coa formación e a cultura, debido á importancia que estes campos teñen na sociedade, para a mellora e crecemento da mesma.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



