Lugo, 21 de marzo de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, e a Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, mantiveron este xoves un encontro con maiores deste Concello. Fixérono durante a xornada de hoxe de portas abertas ao centro de día. E é que durante estes días os veciños están a coñecer de primeira man as instalacións e os servizos que ofrece esta dotación social ante a súa inminente posta en funcionamento o vindeiro 1 de abril.
É o 1º centro de día que existe en Ribeira de Piquín. Sitúase na antiga escola do Chao do Pousadoiro, inmoble que estaba en desuso e que o Alcalde decidiu recuperar e darlle un uso público e social en beneficio dos seus veciños.
Deputación e Concello investiron 300.000 euros nas obras de transformación e na adquisición do equipamento necesario. Na elaboración do regulamento, estableceu que os veciños de Ribeira de Piquín teñan prioridade de acceso. Na ordenanza fiscal, fixouse que o prezo se determine en base á capacidade económica de cada maior, o seu grao de dependencia e os específicos servizos que requira. En función destes baremos, estableceuse un prezo máximo de 400 euros, que sería o que lle custaría a un veciño cunha pensión media, catalogado como gran dependente (é o grao máximo) e que necesita todos os servizos sociais dispoñibles, transporte, almorzo, xantar e merenda.
Taxistas e establecementos de Ribeira de Piquín encárganse do transporte e comidas
A xestión do centro de día é municipal e conta coa colaboración económica da Deputación. Todos os seus traballadores son do Concellos. Taxistas e establecementos de Ribeira de Piquín encárganse do servizo de transporte dos usuarios (ida e volta) e das comidas (almorzo, xantar e merenda). Así se estableceu para tentar contribuír á dinamización da economía local.
100 visitas domiciliarias
O centro de día ten recoñecidas 24 prazas en xornada completa. O número de usuarios pode ser maior. De feito, así se prevé pois hai maiores interesados en media xornada. Isto coñécese porque o Concello realizou 100 visitas domiciliarias a veciños de Ribeira de Piquín que son posibles usuarios. Técnicos municipais explicáronlles os servizos e valoráronlle o custe que tería este servizo, atendendo a súa situación física e persoal.
Ao longo desta semana, os interesados están a participar nas xornadas de portas abertas, coñecendo as instalacións e os servizos (rehabilitación, actividades de mantemento, talleres, comidas…). Foron máis de 60 os veciños que xa o fixeron.
A vindeira semana abrirase o prazo de solicitude e realizaranse os cuadrantes de transporte e menús para que o vindeiro 1 de abril o centro de día comece a funcionar cos seus primeiros usuarios.
Máis do 50% dos veciños de Ribeira de Piquín superan os 65 anos.





















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



