Viveiro, 7 de marzo de 2019. Dende o Concello de Viveiro queremos agradecer publicamente a todos aqueles que co seu traballo e implicación fixeron posible que a pasada edición do Entroido 2019 fose un éxito absoluto. A elevada participación foi unha constante en cada un dos actos programados, dende as Alpuxarradas que tiveron lugar o sábado no Teatro Pastor Díaz ata o Desfile do Martes de Entroido, sen esquecer o Enterro da Sardiña nin todos aqueles nenos e nenas que o luns se achegaron á Praza Maior para disfrutar, na carpa instalada, do Entroido dos Nenos.
Considero que esta alta participación é especialmente destacable tendo en conta que as condicións meteorolóxicas non foron de todo favorables, sobre todo durante o desfile do pasado martes. A pesar da chuvia, Viveiro tivo a oportunidade de desfrutar dun desfile que se está a consolidar como un dos grandes atractivos da programación de entroido, debendo salientar que nesta edición contou con máis de 400 participantes e na que puido constatarse que cada vez máis hai unha maior calidade. Entendo que parte deste éxito pode deberse aos esforzos realizados dende o concello para incrementar os premios e a participación, establecendo, por exemplo, unha axuda fixa a todas as carrozas participantes, entendendo que a súa presenza aporta vistosidade ao desfile. En canto aos premios entregados entre as Alpuxarradas e o Desfile do Martes de Entroido, cabe indicar que o Concello de Viveiro entregou máis de 7.000 euros desglosados do seguinte xeito: 600 euros nas Alpuxarradas, 1800 euros en axudas a carrozas e 4760 euros en premios para as distintas categorías (neste sentido hai que destacar que este ano se crearon as categorías específicas de infantil para fomentar a participación dos máis pequenos).
Así pois, en nome do Concello de Viveiro, a nosa gratitude a todos, veciños e visitantes, por facer posible que o Entroido de Viveiro 2019, con todas as singularidades que o fan especial, fose un éxito absoluto consolidándose como un dos grandes eventos da ampla oferta lúdico cultural deste municipio.
A alcaldesa
María Loureiro García























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



