Ribadeo, 3 de marzo de 2019.- Os socialistas de Ribadeo denuncian que levan sen pediatra 2 semanas no centro de saúde porque o Sergas non cubre a tempo completo unha baixa por enfermidade. Actualmente, hai un substituto, que non é especialista en pediatría, que ven algún día á semana e que non pode asumir a demanda das familias do Concello. Isto provoca que haxa unha lista de espera moi alta porque o facultativo que está non pode cubrir en 1 ou 2 días a carga de traballo que facía o médico que está de baixa en 5.
O PSOE censura que aos nenos non se lles atende en urxencias polo que os pais téñennos que levar a especialistas particulares e pagar ditas consultas. Os socialistas informaron que o pediatra do centro de saúde de Ribadeo atende a preto de 1.300 nenos de Ribadeo.
A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, subliñou que “os nosos veciños non estamos recibindo a sanidade que nos merecemos, que non é outra, que un servizo público, gratuíto e de calidade. Os continuos recortes por parte do PP na Xunta de Galicia están deteriorando sustancialmente o noso servizo público sanitario e están provocando que, como neste caso, as familias de Ribadeo teñan que recorrer a clínicas privadas para que os seus fillos sexan atendidos”.
A socialista lamentou que esta situación “está a repetirse nos últimos anos e o Partido Popular non fai nada por atallar o problema. Esiximos ao Sergas que cubra de inmediato a praza de pediatría e teña máis respecto polas familias da Mariña. Se de verdade queren defender o rural que deixen de suprimir servizos públicos”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



