Ribadeo, 9 de abril de 2019. Acisa Ribadeo impartirá o 25 de abril un curso de redes sociais para empresas. Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo o público interesado. Terá lugar no salón de actos do edificio de sindicatos (Av. De Galicia 20 – Bajo – Ribadeo) a partir das 20.30 horas.
Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo. Os interesados poderán preparar dúbidas con anterioridade para que a persoa formadora as meta no programa”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, conta que “o curso correrá a cargo de Sergio Irigoyen Vázquez, licenciado en Xornalismo con especialidade de xornalismo electrónico e multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela. Con 13 anos de experiencia profesional exerceu como xornalista en varios medios de comunicación, e desde 2016 dedícase ao márketing, redes sociais, arquitectura dixital, estratexia online e formación especializada neste sector”.
E engade que “este curso de formación gratuíta enfocado aos socios de Acisa Ribadeo, pero aberto ao público en xeral, enmarcase na oferta de servizos contemplada no convenio de colaboración entre o noso socio A Mariña Asesores e a nosa asociación”.
Dende a xerencia da asociación indican a forma sinxela de inscribirse: “os interesados e interesadas en participar neste importante curso, poden apuntarse, identificándose co seu nome, apelidos e DNI e establecemento o que representa antes do 22 de abril, mediante correo electrónico en info@acisaribadeo.es ou ven no telefono 982 120 565 ou mediante mensaxe de WhatsApp no movil 663 39 62 26. Antes de realizar o curso de Redes Sociais Empresariais, e para poder elaborar a xornada o máis orientada posible ás necesidades dos asistentes a persoa formadora pide ter unha información previa, por iso os interesados poden responder a estas cuestións no mesmo correo electrónico, cando se apuntan. Ditas cuestións son: ¿qué redes sociais tedes para o voso negocio? ¿Para que usades as redes sociais? ¿Separades as vosas redes persoais e as profesionais? ¿Que buscades con elas (venta, publicidade, visibilidade…)? ¿De 1 a 10, en que punto vos considerades que sabedes de redes? ¿Hai algo específico no que vos gustaría profundizar?
Francisco Iriarte e Jesús Pérez animan “a participar a todo o empresariado ribadense neste curso, sexa cal sexa a súa actividade económica, para conseguir que sigades medrando coma empresa, nunha materia cada dia mais esencial para a nosa supervivencia, como é o desenvolvemento en redes sociais, o novo escaparate da era dixital, en constante evolución.”























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



