Burela a 4 de abril de 2019. O sindicato nacionalista, CIG Saúde A Mariña, apoia e participará de xeito activo na folga da que é convocante, entre outras organizacións, para os días 9,10 e 11 de abril POLA DIGNIDADE da Atención Primaria. Do mesmo xeito as delegadas e delegados de CIG Saúde A Mariña farán folga.
A Atención Primaria atópase nunha grave situación de perigo provocado pola sobrecarga de ter que atender cada vez máis pacientes, que cada vez son máis complexos, con menos recursos.
No ano 2007 a administración sanitaria acordara con sindicatos e profesionais da Atención Primaria a posta en marcha do Plan de Mellora, que pretendía dotar de recursos materiais e humanos á Atención Primaria para que puidera facer fronte aos retos do futuro: o incremento da esperanza de vida e a xestión dos pacientes con patoloxías crónicas.
No ano 2009 este Plan de Mellora foi paralizado sen chegar a consolidar nin tan sequera as prazas de profesionais xa orzamentadas. A partires deste momento comezou un cambio na política sanitaria que marxinou á Atención Primaria, chegando a desaparecer a súa estrutura de dirección coa creación das Estruturas Organizativas de Xestión integrada (EOXI) claramente centradas na atención hospitalaria. A recente modificación da Lei de Saúde non fixo máis que consolidar este modelo.
A central nacionalista asegura que o novo plan presentado polo Partido popular “non responde ás demandas urxentes” reclamadas por diferentes colectivos da Sanidade Pública galega e engade que está trufado de “ambigüidades e non concreta prazos” para a súa execución.
Por outra parte, tampouco prevé a recuperación das xerencias de Atención Primaria con capacidade de “decisión, resolución e orzamentos necesarios” para a aplicación das 175 medidas e propón, exclusivamente, un director con funcións de coordinación.
Puntos a reivindicar e irrenunciables:
Aumento progresivo do orzamento para a Atención Primaria, co obxectivo de acadar o 25% do orzamento total da sanidade pública (excluído o gasto farmacéutico) en 4 anos.
Modificación das actuais EOXIs creando unha Xerencia de Atención Primaria con capacidade de planificar e xestionar o orzamento e os recursos humanos propios, en pé de igualdade coa Atención Hospitalaria, recuperando as áreas sanitarias suprimidas.
Poñer fin á política de precariedade laboral de persoal, imprescindible para garantir a calidade da asistencia. Nesta liña esiximos modificar para mellorar o modelo de contrato acordado na mesa sectorial e denominado “Nomeamento Estatutario Eventual de Continuidade no ámbito do SERGAS”
Solucionar o actual conflito dos PACs, garantindo unha prestación asistencial segura e de calidade tanto para pacientes como para profesionais, apoiando as reivindicacións recollidas na súa convocatoria de folga
Reclamamos máis persoal nas categorías de:
• Matronas, para completar a súa implantación na Atención Primaria.
• Odontólogas/os e Hixienistas, dotando os centros de recursos tecnolóxicos suficientes, como ortopantomógrafos, que eviten os desprazamentos dos pacientes.
• Fisioterapeutas, para ampliar os servizos de rehabilitación de primaria e evitar a derivación á sanidade privada, completando estes servizos con terapeutas ocupacionais, para acadar unha rehabilitación integral.
• Traballadoras/es Sociais, para dar resposta ás crecentes necesidades relacionadas coa cronicidade e a dependencia.
• TCAEs, para a creación cando menos de unha praza en cada unidade e servizo.
• PSXs, para elaborar o seu mapa de competencias e mellorar as condicións de traballo.
• Psicológas/os clínicos, para a súa inclusión nos equipos de atención primaria.
• E profesionais da Enfermería, da Pediatría e da Medicina de Familia.
Dende CIG Saúde animan a participar masivamente a todas as traballadoras e traballadores e agardan que sexa “histórica”, algo que xa o é, apuntan, desde o momento en que é a primeira que se fai na sanidade galega que nun servizo engloba a todos os sectores: médicos, persoal administrativo, matronas, enfermeiras (se ben o sindicato de enfermería SATSE non apoia)…




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



