Ribadeo, 5 de abril de 2019. Ata as 11:30 horas deste xoves, 4 de abril, máis de 30 persoas pasaran xa pola oficina de ABanca, en Ribadeo, para conseguir as súas panchas, a moeda local que estará en curso entre o 5 de abril e o 5 de maio. Cada persoa pode canxear 30 euros por 40 panchas, que terán un valor de 40 euros, para gastar nos máis de 80 establecementos que participan na campaña de dinamización do comercio local que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa e de ABanca.
Polas oficinas desta entidade bancaria para facerse coas súas panchas pasaron tamén o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Comercio, Ana Martínez, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación, Jesús Pérez.
O rexedor declarou que “é gratamente sorprendente vir, a esta primeira hora da mañá, facer os primeiros canxes de euros por panchas e ver que xa levan unha serie importante delas vendidas, tendo en conta que aínda mañá, venres, é cando empeza o prazo para poder comprar con elas nos máis de 80 comercios que ao final se adheriron a esta iniciativa que pretendemos que sexa un revulsivo para o comercio local”.
Fernando Suárez explicou que “a iniciativa está enmarcada dentro dunha intención moi ambiciosa por parte do Concello de Ribadeo de apoiar a este sector tan importante para nós en Ribadeo como é o comercio local. Coa colaboración de Acisa e da entidade ABanca é posible que poidamos poñer a andar a nosa propia moeda de curso legal e poidamos dicir aquilo, que aquí si que funciona de que podemos dar os pesos a catro pesetas, porque é certo que por 30 euros dan 40 panchas e podes ter un desconto dun 25% en todos estes comercios, coas limitacións que están establecidas nas bases e que en ABanca lles van dar un folleto informativo co que se pode e non se pode facer a todas as persoas que veñan canxear 30 euros por 40 panchas”.
O alcalde amósase convencido de que “isto vai ser un revulsivo para a economía local, isto fai un efecto multiplicador e este diñeiro acábase convertendo en moito máis, facilita nesta tempada baixa para o comercio local que se dinamicen as ventas, e os nosos amigos da Mariña e do occidente asturiano teñen un reclamo, máis que nunca, para vir mercar a Ribadeo”.
Pola súa banda o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “estamos moi contentos porque estamos a primeira hora da mañá e xa o movemento é importante. Ademais desde Acisa estamos moi satisfeitos porque o 80% de locais que están apuntados son socios nosos, e pensamos que vai ser un éxito”. Iriarte insistiu en que “hai moita xente anotada de Acisa, e sería unha pena desaproveitar este momento xa que son 40.000 euros rodando por Ribadeo que hai que gastar nalgún sitio. É un éxito antes de empezar e creo que o diñeiro vai ser pouco, e vai durar pouco tempo polo ritmo que leva de retirada en ABanca esta mañá”.
Toda a información sobre a moeda local de Ribadeo e desta campaña pode atoparse en panchamoedalocal.ribadeo.org
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



