Compostela, 8 de abril de 2019. As organizacións sindicais convocantes da folga prevista para a Atención Primaria os días 9, 10 e 11 de abril acordaron desconvocala, xunto coas mobilizacións, logo de que se chegara a un acordo na reunión mantida este mesmo luns co SERGAS. Para a CIG-Saúde, deste xeito “o SERGAS recoñece por fin a necesidade de crear un marco de negociación para dar solución á problemática de Atención Primaria”.
O acordo contempla:
1. A apertura na mesa sectorial de sanidade dun diálogo sobre atención primaria cara a negociación de todas as reivindicación de contido laboral incluídas na convocatoria de folga presentada, significativamente a dotación de prazas.
2. En relación coas cuestións de carácter asistencial ou organizativas incluídas nas citadas reivindicacións, as mesmas serán canalizadas a través do Consello Técnico de Atención Primaria, órgano colexiado no que estarán representadas, entre outros colectivos, as sociedades científicas, asociación profesionais e sindicatos.
O dito órgano será creado por orde da Consellaría de Sanidade, cuxo borrador foi entregado ás distintas organizacións sindicais convocantes para a formulación de alegacións e xa lle foron incluídas algunhas modificacións.
3. Compromiso das partes de acadar unha solución inmediata ao conflito existente no ámbito dos Puntos de Atención Continuada.
4. Compromiso de mellora do modelo de nomeamento estatutario eventual de continuidade acordado na Mesa Sectorial.
5. As medidas previstas neste acordo irán acompañadas dun incremento orzamentario do programa de gasto de atención primaria á saúde, en función das dispoñibilidades orzamentarias.
6. Durante o mes de abril será convocada a Mesa Sectorial para a análise dos aspectos referidos, así como para a análise das alegacións ao borrador da orde de creación do Consello Técnico de Atención Primaria, que se constituirá na primeira quincena de maio co obxecto de aprobar o seu regulamento de funcionamento interno.
Tal e como se acordou ao remate da xuntanza, esa primeira mesa sectorial, será convocada para o día 26 de abril.
A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín valora que este acordo pon de manifesto o recoñecemento por parte da consellaría de Sanidade da necesidade de crear este órgano de participación para analizar e pór solución ás necesidades da Atención Primaria. “Agardamos que haxa boa fe por parte da consellaría de Sanidade e que as conclusións deste Consello Técnico sexa cumpridas na súa totalidade e co correspondente orzamento para darlles cumprimento”.
Máis unha vez, a CIG-Saúde lamenta que sexa necesario recorrer a medidas de presión como a convocatoria dunha folga para que o SERGAS acepte crear un marco de negociación para solucionar os problema de Atención Primaria.
En todo caso a CIG-Saúde advirte que se esa “boa fe” non se traduce en feitos “retomaremos as medidas de presión sen descartar ningunha”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



