Ribadeo, 13 de abril de 2019. O impacto da moeda local Pancha está chegando ao pequeno comercio de Ribadeo pois xa van vendidos 850 packs de moeda local no transcurso da primeira semana desde o inicio desta campaña, sendo un 85% do total. Na rúa xa están arredor de 34.000 euros para gastar no comercio de proximidade ribadense.
A concelleira de Comercio, Ana Martínez, valora moi positivamente este dato e quere “animar ás persoas que non teñan mercado Panchas a que non esperen moito máis xa que se agarda que se esgoten a vindeira semana. Tamén quere salientar o impacto da campaña na valorización da importancia do comercio local nas vilas. “Desde o Concello queríamos comezar a pór na rúa esta cuestión e creo que con esta campaña témolo acadado. Esta campaña tamén é unha oportunidade para descubrir aos establecementos comerciais, a importancia da xente que está detrás do mostrador e outros valores que nos aporta o comercio local á vida da cidadanía”, engade a edil ribadense.
Por parte de Acisa Ribadeo o seu presidente, Francisco Iriarte, comenta que “a venta de Panchas está indo moi ben e parece que a compra con elas tamén. Temos casos de xente de Asturias que adiantan a súa viaxe ao venres para mercalas ou de Coruña e Lugo que lle encargan a algún coñecido que as merque; agora só queda que todas esas Panchas cheguen ao comercio local antes do día 5 de maio, que é cando remata a campaña”. Iriarte insistiu en que “durante un mes estarán na rúa 40.000 euros para gastar no comercio local, que é unha cantidade importante de cartos”.
A campaña das Panchas ten como obxectivo a dinamización do comercio local, a concienciación da importancia do consumo en clave local, a visibilización do pequeno comercio como axente dinamizador das vilas e todo ese papel tan importante para o futuro de localidades como Ribadeo.
A partir do vindeiro luns, 15 de abril, e todos os luns ata o 20 de maio os comercios poderán proceder ao cambio das súas Panchas por euros. Para elo deberán dirixirse ás oficinas de Desenvolvemento Local e Comercio do Concello de Ribadeo, onde tanto persoal de Acisa coma desa Área do Concello procederán á validación da documentación requirida.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



