Foz 1-4-19. Será este venres 5, ás 20:30. No acto estarán os seus dous autores: Xurxo Lorenzo,espeleólogo mindoniense eco-fundador do Espeleo clube Rei Cintolo en 1998.
Javi Fouz, espeleólogo madrileño fortemente vinculado coa cidade de Mondoñedo. Entrou por vez primeira ó Cintolo en 1988, participando nunhas xornadas de limpeza e recuperación estética e ambiental.
A Cova do Rei Cintolo é o primeiro gran libro sobre a gran cova galega. Un libro que recolle o coñecemento completo en tódolos eidos posibles: historia, lendas, etimoloxía, arqueoloxía, xeoloxía, bioloxía, descrición detallada do interior, os nomes das salas e formacións coa súa explicación, visitantes ilustres…
A información presentada ao público neste libro é resultado de anos de minuciosa investigación en arquivos, bibliotecas, periódicos e entrevistas persoais, coa contribución de máis de 80 persoas de Galicia e tamén de fora que aportaron material ou información que doutro xeito teríase perdido.
Contaránnolo Xurxo Lourenzo e Javi Fouz este venres na Librería Bahía
