Foz, 2 de abril 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Foz vén de anunciar o candidato á alcaldía para as eleccións municipais de maio. Será Francisco Xavier Fanego Bermúdez, que naceu en Foz en 1974 e é traballador de mantemento na factoría de Alcoa en San Cibrao.
É o actual responsable local da organización en Foz e participa activamente na vida social da vila, en diversos colectivos.
Transparencia, eficacia e honestidade, premisas básicas para gobernar Foz
Para o candidato nacionalista, é urxente un cambio no concello, pero non só un cambio de persoas, senón un cambio transformador coma o que leva adiante o BNG en todos os concellos donde goberna. Para isto, dice Fanego “é prioritario darlle voz á veciñanza, darlle voz aos diferentes colectivos e ás parroquias”, e tamén afirmou: “queremos que o concello de Foz sexa de tod@s e para tod@s, e traballaremos para gobernalo baixo as premisas da trasparencia, a eficacia e a honestidade”
Unha candidatura ampla, con representación de todos os sectores sociais e laborais, representativa de todo o pobo de Foz
O BNG está dándolle os últimos retoques a elaboración dunha candidatura ampla, integrando persoas de todos os sectores sociais, laborais, culturais e deportivos, unha candidatura representativa de todo o pobo de Foz, e con persoas comprometidas co BNG e co futuro de Foz, ademais de coñecedoras da súa realidade. Unha candidatura que estará rematada nos próximos días.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



