Por fin, despois dos interminabeis trámites que xa temos comunicado, a semana pasada puidemos consultar os dous tomos do expediente sobre a licencia de apertura dos apartamentos da Illa Pancha no concello de Ribadeo.
O que alí nos atopamos despexa tódalas dúbidas sobre os motivos do Sr. Alcalde para non respostar ás nosas preguntas dende o 10 de setembro de 2018. A realidade é que, según os informes técnicos que obran no concello de Ribadeo a Illa Pancha está aberta ao acceso libre do público en xeral, dende o día 1 de decembro de 2017. Concretamente figuran no expediente mais de 15 documentos oficiais onde consta que a illa debe estar aberta ao público e consecuentemente concédese a licencia de actividade definitiva. Pódese calificar de inverosimil, alucinante ou esquizofrénico pero esto é así e alí está para que comprobe quen esteña interesado.
Reproducimos de seguido dous textos abondo representativos.
6/11/17 Documento 5681 do expediente. Informe da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao: “ Las concesiones demaniales se configuran como un contrato por el que la administración titular de un bien de dominio público otorga a una persona física o jurídica el derecho a realizar un uso privativo, exclusivo y excluyente de una parte del mismo.”….”una isla con acceso único a los viales públicos a través de un puente, el mismo no puede ser objeto de concesión o autorización”…
7/09/17. Documento 5647 do expediente: “ quedando garantizado o libre acceso público ata a porta do establecemento a través do paso existente pola ponte que conduce á Illa”…
Sin embargo, como todo o mundo sabe, os documentos oficiais poden decir o que queiran pero a porta sigue pechada e o concello non sabe/non contesta.
Anque non é necesario, porque está á vista de calquera, imos aportar duas testemuñas que acreditan que a porta segue pechada aos veciños e visitantes.
O día 29/1/19 un medio amplamente coñecido publicaba un artigo sobre as illas galegas do cal recollemos o seguinte: “La exclusividad de contar con una isla para uso propio es lo que vende el Hotel Faro Isla Pancha. Solo pueden acceder mediante clave los huéspedes de sus dos apartamentos….”Los turistas se quedan solos, tienen total privacidad y un faro de 1857 a su disposición” comenta la encargada del establecimiento”.
O día 23/1/19 LipChain Illa Pancha Challenge publicaba esta nota en Facebook: “No tenemos palabras para agradecer a los cientos de personas que os habeis acercado hoy….. Lo mismo para el dueño del Faro Hotel Illa Pancha, que ha abierto las puertas para que lo vivierais en primer persona…”
Entre as moitas contradiccións deste asunto non deixaremos de suliñar que a empresa concesionaria dispón, ao seu criterio, da chave dunha porta ubicada nun espazo público e o concello, se denfendese o intereses xerais dos ribadenses, debera ser o primeiro interesado en crarexar esta incomprensible situación.
Pola nosa banda esixiremos explicacións e aforraremos comentarios. So lembrar que a disculpa universal ao longo de catro anos foron os informes técnicos, pero agora xa non valen fronte ás decisións políticas do Sr. Alcalde. Os informes técnicos, mesmo os da Admón Portuaria, esixen que a Illa esteña aberta ao público pero a realidade é que permanece pechada, quen sabe porqué, poñendo nun ridículo espantoso ao concello e ao pobo de Ribadeo.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



