Mondoñedo 5 de abril 2019: Mondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas entre o 29 de abril e o 1 de maio, cun programa de actividades que se converte “tanto, por un lado, nun incentivo ao noso patrimonio cultural” como tamén, por outro lado, “nunha clara aposta polos produtos de proximidade e polas nosas razas de gando”, tal e como anunciou esta mañá o presidente da Asociación As San Lucas, entidade organizadora das festas, xunto ao Concello e Mondoñedo É…
A feira, unha das de máis tradición de toda Galicia, que dá comezo á tempada de feiras e festas, arranca o luns 29 de abril co pregón que este ano pronunciará no auditorio Pascual Veiga, ás 20:30 horas, a violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Rebeca Maseda Longarela. Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, continuando a súa formación a nivel galego e internacional e colaborando con diferentes agrupacións de renome. Tamén participou na pasada edición de Mondoñedo é Poesía.
Día grande das festas
O día grande das festas, o mércores 1 de maio, será a xornada na que gocen de especial relevancia os produtos de proximidade e as razas de gando galego. Dende as 9:00 horas, celebrarase a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar no Campo da Feira, recinto que este ano acollerá como novidade unha exposición de razas de gando autóctono. Ademais nesta edición, non faltará tampouco a celebración da XXXVI Festa da Empanada, coa venda deste produto na Alameda e a súa degustación nos locais de hostalaría da cidade. A esta actividade gastronómica súmanse a VIII edición da degustación gratuíta de carne de poldro galego, que durante as festas se poderá probar na Alameda e nos negocios hostaleiros da localidade; así como o mercado de produtos do campo galego, que se celebrará tamén o día grande das Quendas.
Miguel Souto cualificou o programa das Quendas deste ano como o “dunha aposta polas tradicións, nunha das feiras de máis tradición”, así, citou tamén a celebración da II xuntanza de vespas, lambrettas e clásicas, que terá lugar o día 1.
Mondoñedo é Poesía
A actividade cultural Mondoñedo é Poesía 2019 desenvolverase o día grande das festas e pretende converter Mondoñedo o día 1 de maio na capital galega da poesía. A iniciativa conta cos tradicionais recitais e o acto central no Auditorio Pascual Veiga ás 18:30horas.
Blas Cantó, A Banda da Loba, Combo Dominicano e Principal, entre outros
No eido musical, a programación das Quendas 2019 inclúe o martes 30 de abril, ás 22:00 horas no Auditorio Pascual Veiga, o concerto acústico do artista murciano Blas Cantó, ex vocalista do afamado grupo Auryn e que en solitario suma numerosos éxitos, acadando récords de vendas. As entradas están dispoñibles na plataforma Woutick.
No mesmo escenario do auditorio municipal, o mércores 1 de maio, ás 20:00 horas, actuará A Banda da Loba, formación integrada por cinco mulleres, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesesas. Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas, baixo unha estilo que bebe do rock, do pop, ou do folk, entre outros. Neste momento están a presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, por toda Galicia. A Banda da Loba resultou gañadora en marzo de 2018 do certame aRi[t]mar de música galega portuguesa.
En canto ás orquestras, poñerán música na Alameda, o martes 30 de abril, as formacións Ritmo Joven e Tekila; e o mércores, 1 de maio, Principal e Combo Dominicano.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



