Muras, 18 de abril de 2019. A candidata do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, visitou o Muras onde explicou “neste concello, un goberno do BNG foi capaz de que os beneficios dos parques de aeroxeneradores repercutan directamente sobre o a poboación rebaixando o que as veciñas e veciños teñen que pagar pola factura da luz”. Ferreiro puxo a Muras como exemplo “do que debe facerse dende os gobernos, na medida en que se teñen compentencias, para facer reveter sobre o territorio a riqueza que produce a explotación do noso espazo”.
Ferreiro sinalou “en Galiza somos uns dos maiores produtores de enerxía eléctrica pero, pola contra, pagamos unha das facturas máis altas de Europa pola electricidade que consumimos”. A candidata do BNG incidiu na importancia de que Galiza teña un voz propia en Madrid por que “as políticas enerxéticas están marcadas dende o goberno do estado e a día de hoxe ninguén mira, nin pensa en Galiza, á hora de lexislar, unicamente se teñen en conta os intereses das grandes empresas eléctricas”.
O alcalde do BNG, Manuel Requeixo, explicou que toda a poboación de Muras recibe ata 500 euros anuais por fogar para facer fronte ao pago da electricidade e asegurou que se está traballando para incrementar a repercusión, no concello, dos beneficios da produción eléctrica. Dende a implantación deste sistema unha parte dos cartos que o concello recada como canon pola produción eléctrica repercute directamente sobre a calidade de vida das persoas que viven en Muras.
UNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA
O BNG aposta pola creación dunha tarifa eléctrica propia. Maite Ferreiro dixo que “non é certo que a lexislación o impida por que en Euskadi xa se aplica unha tarifa reducida para empresas que son electrointensivas e tamén para outras ás que se lles facilita a súa implantación e permanencia” e engadiu “o caso de ALCOA é moi significativo do que significa ter ou non ter o control sobre a enerxía que se produce no propio país”.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



