Viveiro, 10 de abril de 2019. Dende o Concello de Viveiro queremos felicitar publicamente á Xunta de Cofradías da Semana Santa e a Acción Social de CaixaBank en Galicia por impulsar a iniciativa que permitirá que dez usuarios de Aspanane participen o vindeiro luns na tradicional tamborrada da Semana Santa que, a partir das 21:00 horas, percorrerá as rúas do casco antigo para confluír na Praza Maior. Este proxecto vén a sumarse a outra acción que a Xunta de Cofradías iniciou xa hai uns anos, reservando zonas específicas para o público con mobilidade reducida; este tipo de iniciativas son as que realmente fan grande a nosa Semana Santa. Creo que este tipo de iniciativas supoñen un gran paso para a integración das persoas con discapacidade intelectual na sociedade e, neste caso en concreto, permitirá que estas dez persoas poidan vivir a Semana Santa dende dentro, sendo partícipes e protagonistas deste emotivo acto. Quero aproveitar a ocasión para desexar a estes rapaces que disfruten desta gran oportunidade, que vivan ese momento con ilusión e emotividade, agardando que este iniciativa se consolide en vindeiras edicións e se leve a cabo en moitos outros ámbitos. O meu máis sinceiro aplauso a todas aquelas persoas que fixeron posible esta manifestación de respeto cara a diversidade e todo o meu apoio para este colectivo que, estou convencida, van a brilar na tamborrada.
A Alcaldesa,
María Loureiro García
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



