Burela 1-4-19. Carlos Negro estivo impartindo este luns na biblioteca do IES Perdouro de Burela un obradoiro de creación poética destinado ao alumnado dos institutos de Burela. Asistiu alumnado de 2º de ESO do IES Perdouro e alumnado do clube de lectura do IES Monte Castelo.
O poeta abriu o obradoiro cunhas lecturas dramatizadas de diferentes poemas co obxectivo de que o alumnado reflexionara sobre o que entende por poesía. En definitiva, a poesía emociona, comunica algo moi persoal e de xeito máis fermoso. O alumnado tivo logo que compoñer o seu propio poema a partir dalgunhas pautas: petiscos, medo, fórmulas maxistrais, haikus …
O alumnado foi capaz de dar sentido as palabras grazas a escritura poética.
Carlos Negro estivo tamén pola mañá no IES de Xove e pola tarde no María Sarmiento de Viveiro.
