Ribadeo, 1 de abril de 2019. Douscentos escolares do colexio Gregorio Sanz realizaron esta mañá un treito do Camiño Norte, entre Porcillán e Ove, dentro das actividades do obradoiro Ribadeo co Camiño. Xunto aos rapaces ao final da ruta, no parque de San Francisco, estiveron a concelleira de Turismo, Ana Martínez, e o alcalde, Fernando Suárez.
Ana Martínez explicou que “hoxe, dentro das actividades programadas no obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño, coordinadas polo Concello, puidemos percorrer o tramo urbano do Camiño de Santiago ao paso por Ribadeo, mesmo dende a entrada en Porcillán ata o que supón a chegada á parroquia de Ove, co colexio público Gregorio Sanz”.
A edil ribadense manifestou que “as alumnas e os alumnos deste obradoiro están a facer unha serie de actividades dentro do que é o ámbito cultural, turístico e histórico arredor do Camiño de Santiago, están a impartir unha serie de charlas nos diferentes colexios e institutos e hoxe á a primeira das saídas que se van facer cos alumnos e alumnas dos colexios”.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio subliñou que “a importancia de coñecer o patrimonio e a historia fai que o poidamos poñer en valor, que poidamos saber cal é esa parte cultural e histórica do Camiño ao paso por Ribadeo. 200 rapaces e rapazas percorreron hoxe esta ruta que eu creo que para eles tamén foi, nalgúns casos, unha sorpresa porque non soamente fixeron o Camiño senón que descubriron o patrimonio histórico, cultural e arquitectónico que as alumnas e alumnos do obradoiro lles foron explicando e amosando. Creo que a coordinación dos diferentes actores que participamos na promoción turística e no coñecemento histórico e cultural do noso concello, fai quizais aínda máis grande este tipo de obradoiros”.
Ana Martínez quixo “agradecer a todos os participantes, ao propio colexio Gregorio Sanz por implicarse, e esperar a que outros colexios que tamén están en datas próximas, porque tamén haberá outras visitas no tramo que se fai desde Ribadeo ata a igrexa da Ponte, onde tamén estas alumnas e alumnos do obradoiro están a dar información das pinturas e da parte histórica que supón todo aquel entorno da Ponte de Arante e o Camiño de Santiago neste tramo”.
A responsable de Turismo no Concello de Ribadeo quixo “lembrar que mañá comezan as charlas, ás cinco e media, na Casa do Mar, para todas aquelas e aqueles emprendedores ou empresarios e empresarias que teñan pensado vincular a súa actividade ao redor desta posibilidade económica tamén que abre o Camiño de Santiago. Alí estaremos para escoitar aos poñentes que veñan darnos esa información e ver as particularidades que máis nos poidan interesar para o noso desenvolvemento profesional”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



