Burela 6-4-19. A escuadra laranxa saíu triunfal dunha final máis, impoñéndose ao Córdoba Futsal (1-3). Con esta vitoria, os de Juanma Marrube rozan o soño, con vantaxe de 9 puntos e a falta de 3 xornadas, sobre Mengíbar, que gañou a Santiago Futsal (4-5), e Betis, que sucumbiu na pista do Noia Portus Apostoli (5-2). Agora a seguir picando pedra, toca pensar no vindeiro sábado, coa visita á Bomboneira dos de Noia (17.00 horas), nunha nova Tarde Laranxa, que se pechará co duelo no cume de Primeira Liga Foro 16 Feminismo entre o Pescados Rubén Burela FS e o Futsi Atlético de Madrid (19.30 horas).
Arrincaron tatexantes os mariñáns, pero aos poucos conseguiron ir impoñendo a orde que os caracteriza para dar a volta ao electrónico. R. Vargas puido adiantar os galegos nos minutos 4 e 6, con moito perigo. No entanto, Lolo Jarque inaugurou no minuto 9, nunha situación dun contra un, que finalizou o xogador local ao segundo pau. Jesús Rodríguez viu a expulsión no minuto 18, coa segunda amarela. Renato non puido igualar a contenda en dobre penalti pero si o fixo pouco despois Joselito, en superioridade, para oír a chegada do descanso con 1-1.
O Pescados Ruben Burela FS deu un paso adiante no reinicio, con boa xestión de pelota. Iago Míguez anotou o segundo para os de Juanma Marrube, no minuto 26, nunha boa xogada de Porto. Edu mantívose impertérrito para salvagardar a renda ante Keko e David Leal e máis tarde conn Juanra. Superado o ecuador, Renato aproveitou en contragolpe para ampliar distancias. Tan só un minuto despois, o traveseiro evitou o segundo andaluz e entón o Córdoba apostou por xogo de cinco, respondendo da mesma forma os galegos, en alternancia e xerando moito perigo. Ambas as escuadras puideron mover o luminoso, pero mantívose o 1-3 para xúbilo laranxa.
Ficha técnica
Córdoba Futsal: Nono, Jesús Rodríguez, Lolo Jarque, David Leal, Keko, cinco inicial; tamén xogaron Pakito, Manu Leal, Koseky, Cordero, Juanra, Catiti
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Renato, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Luisma, R. Vargas, Juanfran, Porto
Goles: 1-0, minuto 9, Lolo Jarque; 1-1, minuto 20, Joselito; 1-2, minuto 26, Iago Míguez; 1-3, minuto 31, Renato
Árbitros: Fernández Cárdenas // Jarque Ruiz (colexio madrileño). Por Córdoba amarela a Cordero (minuto 3), Jesús Rodríguez (minuto 11 e 18), Cristian (minutos 19 e 20), Keko (minuto 34), Lolo Jarque (minuto 34). Por Burela amarela a Hélder (minuto 2)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre (Córdoba)
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
