Lugo. 9, abril, 2019. O Grupo Provincial Popular denuncia ao PSOE por estar facendo unha campaña electoralista á conta da Deputación de Lugo. Así, ante as informacións publicadas nos medios de comunicación e, concretamente, en dúas notas de prensa enviadas polo PSOE onte e hoxe, unha delas onde din que melloran os accesos de cinco parroquias en Ribadeo beneficiando a 1.000 veciños, desde o PP “facemos un chamamento para esixir que sexa entón o PSOE o que aboe o importe desas obras”.
A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, asegura “non entender e creo que debemos criticar esta práctica porque ademais estamos convencidos de que esta non é a maneira de facer política e que se está utilizando á Deputación dunha maneira incorrecta. Se hai un investimento en Ribadeo ou en Taboada é grazas a uns investimentos da Deputación que nun Goberno en minoría se deciden nun pleno da Corporación Provincial”.
“Aínda que queiran minimizar esta circunstancia tan importante, o certo é que o PSOE nin paga, nin financia as obras destas cinco parroquias. Por iso, e ante un excesivo uso político da Deputación provincial ao servizo do Partido Socialista en plena campaña electoral, pouco menos temos que reprobar ese comportamento e temos que pedirlle ao presidente da Deputación que lidere institucionalmente como procede calquera comunicación institucional e respectuosa sobre investimentos en calquera concello da provincia”, explicou Candia.
“Pedímoslle tamén que deixe de enviar ao seu emisario político, o secretario xeral do PSOE, que o único que lle preocupa son os socialistas e non os veciños da provincia, de Ribadeo ou Taboada, con este tipo de anuncios, que ademais de ser incorrectos son pouco éticos, por non usar outro cualificativo”.
Candia precisa que “o PSOE non fai obras, non financia obras, non mellora accesos a cinco parroquias, é a Deputación provincial grazas a uns orzamentos que tiveron que negociar e que, en todo caso, a nivel institucional ten que ser respectuosa cos concellos e non porque llo diga a voceira do Grupo Provincial do PP, senón porque foi aprobado nun Pleno no que se obrigou e esixirlle ao presidente que deixara de facer esta campaña electoralista á conta da Deputación”.
Así, a popular recorda que foi preciso modificar nun Pleno da Deputación as bases do Plan Único para esixirlles que non incorreran neste tipo de prácticas.
Exemplos das notas difundidas polo PSOE:
http://psoeprovincialdelugo.com/2019/04/o-psoe-financia-con-mais-de-330-00-euros-as-obras-para-mellorar-os-2-campos-de-futbol-de-taboada/
Saúdos,
Gabinete de Comunicación




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



