Lugo. 6, abril, 2019. O Partido Popular abordou esta mañá con empresarios a importancia do sector forestal en Lugo e en Galicia, ao ser a primeira potencia de corta de madeira dentro de España e polo tanto “unha das principais oportunidades para a economía galega e lucense tendo en conta o déficit de madeira que existe en Europa”.
Os candidatos ao Congreso, Jaime de Olano e ao Senado, José Manuel Barreiro, xunto ao candidato á alcaldía, Ramón Carballo, mantiveron unha reunión con empresarios e representantes do sector, durante a que tamén interveu o director da Axencia Galega de Industria Forestal, José Lema Piñeiro.
No marco deste encontro, os representantes populares puxeron sobre a mesa cifras tan relevantes como que a provincia de Lugo representa aproximadamente un 25% da corta total de España, sendo moi significativo o peso na Mariña, un dos distritos forestais cun maior volume de cortas do estado onde, por exemplo, o eucalipto deixou en 2017 máis de 62 millóns de euros. A nivel autonómico son 70.000 familias as que venden madeira e ingrésanse uns 300 millóns de euros anuais.
José Manuel Barreiro indicou, ademais, que, no marco da Comunidade, en torno ao 48% do territorio é superficie forestal arborada. En Lugo esa porcentaxe increméntase, estando incluso algo por riba da cifra indicada, de tal xeito que somos a provincia onde o sector forestal ten un maior peso, pois a aportación que fai a lucense neste aspecto con respecto ao resto de territorios é dun 35%. Concretamente, este sector representa entre o 8 e o 10% do PIB da provincia.
Con estas cifras, o cabeza de lista ao Senado puxo en valor que, dado que este sector supón “territorio, riqueza e emprego, é importante desenvolver dende as administracións, como está a facer a Xunta de Galicia, máis instrumentos que permitan flexibilizar a utilización do recurso primario como é o terreo, pois, engadiu, un dos maiores problemas que temos é, precisamente, a atomización enorme das parcelas”.
Por tanto, e dada a importancia que este sector ten como pilar básico da economía provincial e para asentar poboación, “non se entende como o Goberno mira para outro lado respecto do posible peche de ENCE, xa que de producirse este, a repercusión en Lugo será tremenda”.
Os populares consideraron “incomprensible” o xiro do PSOE sobre a planta pontevedresa, polo que resaltaron que dende o PP defenderase con todas as iniciativas posibles as 80.000 familias galegas e os 5.000 postos de traballo. “Tómanse en broma o país e as decisións de Sánchez xeran un grave perigo para a nosa comunidade e para o sector forestal galego”, criticou Olano.
O cabeza de lista ao Congreso tamén apelou á responsabilidade do Goberno para frear “esta dinámica regresiva de Sánchez, pois, dende que é presidente temos 126.000 parados máis en España e a cifra de autónomos descende cada vez máis. Fronte ao 25.0000 autónomos que creou Rajoy, cos socialistas as estatísticas van en picado”.
Unha aposta clara do PP, fronte ao perigo do PSOE
Os populares puxeron en valor a aposta do Goberno galego polo rural e as iniciativas que está a desenvolver para aproveitar a riqueza que ofrecen os montes á economía así como para lograr o seu coidado, sostibilidade, reordenación e darlle vida ao rural. Ademais do Plan Forestal que ordena a política neste sector durante os próximos 20 anos, o Goberno galego lanza medidas par implementar o sector e a xestión forestal sostible, co obxecto de ordenar os montes da comunidade e os montes veciñais en man común, plantando madeira de calidade e profesionalizando a súa xestión, incluíndo aos produtores nunha sociedade de xestión ou nunha cooperativa para que se plante e se tale de forma adecuada e se xeren ingresos.
Neste senso, José Lema expuxo as medidas que se están a desenvolver neste eido, como os Impostos 0 no rural, e que están beneficiar ao sector. É o caso tamén dan pancas de competitividade para rexar valor industrial e que están a favorecer un efecto multiplicador. Son, segundo explicou, a innovación, a externalización, a renovación tecnolóxica e a formación e o emprego.
A este respecto, mencionou a medida 8.6 para o Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020, dotado con 40 millóns de euros, e no que as empresas radicadas en Lugo foron as maiores beneficiadas con 8,1 millóns de euros. “ Este ano acabamos de pechar a convocatoria con 8,6 millóns para subvencións, o que supón mobilizar investimentos por valor de preto de 26 millóns de euros que van a ir directamente ao sector”, remarcou.
Ademais, dende o Goberno galego sacarase unha orde de fondos propios de 2 millóns que vai a promover investimentos por importe de preto de 6 millóns, e que cuxos destinatarios serán carpinteirías ou aserradeiros que aposten pola valorización ou segunda transformación.
En formación e emprego, o ano pasado púxose en marcha, por primeira vez, a especialidade de obradoiros forestais, que permitiron a contratación en prácticas de 200 persoas. En 2019, amplíase a partida ata os 4 millóns de euros, e serán 15 obradoiros e 300 contratos.
Tamén se adquirirán dous simuladores de procesadores forestais portálites, que se suman aos fixos. Precisamente, un destes fixos instalouse en Mondoñedo co fin de dar formación en todo o contorno.




















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



