Lugo, 30 de abril de 2019. O PP repartiu o 80% dos poucos fondos públicos que achegou á provincia dende o Goberno galego da Xunta entre uns poucos Concellos onde goberna. Así se pode constatar no portal web da administración autonómica sobre o Rexistro de Convenios onde figuran uns 16,2 millóns para 29 municipios gobernados polo Partido Popular. Ante este reparto caciquil e clientelar que fai o PP dende a Xunta, o Partido Socialista na Provincia de Lugo presentou unha moción ao Pleno da Deputación, instando ao executivo autonómico a establecer criterios obxectivos que atendan á situación socioeconómica da provincia na distribución de fondos públicos de todos os cidadáns na Xunta de Galicia.
Esta proposta contou cos votos a favor dos representantes do PSOE e do BNG. O PP opúxose, amparándose no Fondo de Cooperación Local que se nutre do orzamento que por lei lle corresponde aos municipios pola súa participación nos tributos da autonomía, non sendo, polo tanto, investimentos da Xunta. Tampouco apoiou esta iniciativa o Deputado non adscrito e Alcalde de Becerreá aínda que este Concello non se beneficiou de convenio ningún.
O reparto caciquil e clientelar do PP
No portal web da Xunta figuran os convenios aprobados entre 2016 e 2018, ocultando os de 2019 en contra da Lei de Transparencia. Durante dito período, asináronse 118 con 48 municipios por valor de 20,3 millóns de euros. Do total destes fondos, 16,2 millóns, que representan o 80% do orzamento, foron para 29 Concellos gobernados polo Partido Popular. Os 4,1 millóns restantes, o 20% dos fondos, foron para 19 municipios gobernados por outras formacións políticas (PSOE, BNG e INTA). Quedaron sen ningunha axuda pública outros 19 municipios.
Os 16,3 millóns foron para Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Barralla, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Folgoso do Courel, Foz, Friol, Guntín, Mondoñedo, O Corgo, O Saviñao, O Vicedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Riotorto, Sober, Taboada, Vilalba e Xove. 4,1 millóns para A Pastoriza, Alfoz, Burela, Castroverde, Cervantes, Chantada, Láncara, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Negueira de Muñiz, O Incio, Pol, A Pobra do Brollón, Sarria, Trabada, Ribadeo, Viveiro e Xermade. Quedaron sen fondo algún Baleira, Barreiros, Becerreá, A Fonsagrada, Guitiriz, Lourenzá, Meira, Muras, Navia de Suarna, Ourol, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela e O Valadouro.
O PSOE no Goberno da Deputación: 145 millóns con criterios obxectivos nos 67 Concellos
O Presidente da Deputación, o socialista Darío Campos Conde, destacou que fronte “ao reparto caciquil e clientelar de fondos públicos que fai o Partido Popular dende a Xunta de Galicia, dende o PSOE podemos ir coa cabeza levantada a todos os Concellos da provincia, pois dende o Goberno Provincial fixemos unha distribución dos fondos públicos de todos os cidadáns na Deputación de xeito obxectivo e equitativo, chegando aos 67 Concellos e polo tanto beneficiando aos máis de 300.000 veciños da provincia, como ten que ser. Levamos investimentos de máis de 145 millóns de euros a toda provincia, para todos os lucenses”.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



