Mondoñedo, 10 de marzo de 2019.- Un cento de deportistas de sete clubs lucenses participarán na final provincial de Dúatlon que se celebrará este sábado en Mondoñedo, promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración co Concello.
O campionato acollerá a participantes das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, con saídas sucesivas, desde Viñas da Veiga, a partir das 16.30 horas. A entrega de premios está prevista para as 18.45 horas unha vez completen as probas que carreira a pé e de ciclismo habituais nesta modalidade deportiva.
Na final provincial confirmaron a súa participación deportistas dos clubs Cidade Lugo Fluvial, Salto do Coro de Mondoñedo, Trip-penta Terras de Lugo, San Ramón de Vilalba, San Roque de Viveiro, Escolas Deportivas de Lourenzá e Verxel Nutrición Deportiva.
Ao tratarse dunha final provincial, compiten os deportistas clasificados individualmente nas fases previas dos que os oito primeiros individuais por categoría e sexo terán acceso á final autonómica.
Presentación do cartel anunciador
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa da localidade, Elena Candia e do concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, participaron na presentación deste campionato que forma parte do programa autonómico Xogade. Tamén estiveron presentes José Luís Méndez (Tri-pentas Terras de Lugo), Marisol Piñeiro (Salto do Coro), Ramiro Chao (Salto do Coro) e Manuel Otero, xefe do servizo provincial de Deportes.
As distancias a percorrer son diferentes en funcións das categorías:
Benxamín 500 metros de carreira a pé, 2.000 metros de bicicleta e 250 metros finais de carreira a pé.
Alevín 1.000 metros de carreira a pé, 4.000 metros de bicicleta e 500 metros finais de carreira a pé.
Infantil 1.500 metros de carreira a pé, 6.000 metros de bicicleta e750 metros finais de carreira a pé.
Cadete 2.000 metros de carreira a pé, 8.000 metros de bicicleta e1.000 metros finais de carreira a pé.
A campaña de actividade lúdico deportiva Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma. Dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
