Viveiro 18-5-19. Maria Simón Cundíns, a número 12 da candidatura do BNG, comenta que “tod@s seguramente coincidimos en que @s moz@s somos dos colectivos máis afectados pola crise económica, que se traduce nunha alta taxa de desemprego. Por iso, será tarefa prioritaria para o BNG, colaborar dun xeito activo cos Servizos Públicos de Emprego a fin de centralizar a información respecto das ofertas de emprego da comarca e ter activada unha bolsa de emprego, á que calquera moza ou mozo poda acceder, así como facilitar cursos e axuda a moz@s desempregados a través de programas de busca de emprego ou autoemprego”. Tamén Miriam Bermúdez aclara “Do mesmo xeito, tamén se colaborara activamente na organización de cursos de formación profesional, apoio e tramitación de iniciativas empresariais e proxectos que xeren emprego xuvenil, e noso programa a punto da mocidade abarca un amplo espazo.”
Entre os puntos máis impootante do Programa de Goberno do BNG destacan:
Equipamentos municipais para a mocidade
● Habilitar espazos de encontro en zonas abertas e en centros cívicos polivalentes
para a mocidade e o asociacionismo xuvenil, dotándoos de contido con actividades
e iniciativas da mocidade e de información de interese para mocidade.
Lecer para a mocidade
● Fomentar a búsqueda de solucións dialogadas (mesas redondas, campañas de
concienciación, etc.) entre os sectores afectados por fenómenos como o botellón e
demais problemas relacionados co ocio xuvenil, de maneira que se concilie o dereito ao
lecer e o dereito ao descanso das veciñas e veciños, evitando a criminalización da
mocidade e valorando a posibilidade de habilitar espazos para a realización destas
actividades (tales como o Casino)
Educación e sexualidade
● Aposta polo establecemento de lugares específicos nas instalacións xuvenís a nivel
municipal para o asesoramento afectivo-sexual da mocidade (Quérote+)
● Realizar campañas de prevención específicas, en particular, sobre as enfermidades
de transmisión sexual (en eventos festivos e musicais como Naseiro), contra a bulimia
e a anorexia (charlas informativas e programas de prevención de transtornos da
conduta alimentaria)
● Elaborar un Plano municipal integral de prevención da drogadición, tendo en conta
a información sobre as consecuencias da drogadición, e as políticas de actuación en
ámbitos diversos (cultural, laboral, tempo libre) coa finalidade de xerar un novo
contexto que non favoreza o consumo de drogas.
Vivenda
● Promoverase vivenda de protección pública para os menores de 30 anos.
● Facilitarase información e asesoramento sobre acceso a vivendas de promoción
pública ou protexidas e sobre as políticas doutras administracións de apoio á merca ou
aluguer de vivendas.
● Impulsarase a creación dun Banco municipal de vivendas en alugueiro nas
parroquias do rural para mozas e mozos co obxecto de facilitar o acceso á vivenda á
mocidade e fixar poboación no rural de Viveiro.
Transporte
● Reclamar da Xunta de Galiza o impulso á creación e mantemento de liñas de
autobuses nocturnas (Noitebús) subvencionadas de carácter local ou comarcal,
encamiñadas a facilitar a mobilidade da mocidade ás zonas de lecer e que contribúen á
redución da sinistralidade nas estradas.
● Poñer en marcha unha liña de axudas para transporte para estudantes
universitari@s e/ou de Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional.
● Promover o transporte saudábel, nomeadamente da bicicleta, dotando a vila de
aparcadoiros seguros para este vehículo en puntos de interese xuvenil (por exemplo:
implantación paulatina de estacionamentos en locais de titularidade municipal e nas
instalacións deportivas municipais).























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



