Burela, 30 de maio de 2019. O programa Bufando (Burela actÚa Fronte Á violeNcia De xénerO) ponse en marcha para sensibilizar contra a violencia. O Concello deulle o pistoletazo de saída na xornada de onte, mércores, coa realización de talleres no CEIP Virxe do Carme da man do equipo de Retnova Proxectiva Consulting, SL
Bufando é un programa de intervención múltiple que busca desenvolver os acordos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero dende o eido local. A concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben, explica que “neste sentido, desenvolveranse unha serie de accións de prevención destinadas á poboación de Burela, tendo en conta a súa diversidade e os diferentes ámbitos nos que se desenvolve día a día a vida do concello. O deseño do programa parte da consideración de que a prevención e a abordaxe das violencias de xénero precisa dunha incorporación progresiva da perspectiva de xénero por parte das institucións e da cidadanía no seu conxunto”.
E engade que “é por iso que as accións conxugan sensibilización con formación en diferentes idades (dende as máis temperás ata as persoas adultas) e materiais informativos e formativos sobre temas de actualidade como, por exemplo, a violencia de xénero nas redes sociais”.
O programa Bufando está financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad, “co obxectivo de despregar o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a través dos entes locais. Porque aturar a violencia é cousa de todas e todos… Afastemos o machismo Bufando! este é o lema da campaña”, engadiu Noelia Mª Ben.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



