
Vilalba. Foto de familia de los 67 alcaldables del Partido Popular en la Provincia de Lugo.
Vilalba, 4 maio, 2019. “Temos 67 proxectos e un proxecto de provincia. Nese sentido traballaremos dende o PP lucense con responsabilidade, humildade e moita cercanía en beneficio dos nosos veciños e veciñas. Cremos firmemente que a renovación e a experiencia farán do PP un proxecto de éxito para todos os lucenses”. Así o puxo de relevo a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, no acto de presentación dos 67 alcaldables populares que se celebrou esta tarde na Praza da Constitución de Vilalba co busto de Manuel Fraga como telón de fondo.
“Estamos en Vilalba porque é o lugar natal de Fraga. Por iso, para o Partido Popular vir a Vilalba é como volver á casa, á casa do seu fundador, da persoa que sentou as bases do que hoxe somos. E agora volvemos de novo mirar cara a el e tamén convidamos a toda a xente que se decidiu por outras opcións políticas a que volva de novo á súa casa, ao Partido Popular”.
Candia recordou, así mesmo, as palabras de Fraga: “non hai nada fácil en política. Moita xente cre que se pode improvisar, pero non se pode improvisar. Hai que ter moi pensado a onde se quere ir”. Nese sentido, a dirixente dos populares defendeu os 67 proxectos para outros tantos municipios da provincia entre os que 29 contarán cun novo nome como cabeza da lista con respecto ás anteriores eleccións municipais, o que supón unha renovación do 43,3% dos candidatos e candidatas.
A dirixente popular agradeceu a todos “o compromiso” co Partido, xa que “moitas veces non é sinxelo dar este paso, no caso dos que se estrean, ou continuar, naqueles outros, nos que xa levan décadas á fronte dos Consistorios”.
Con estas circunstancias, o Partido Popular aposta “pola xuventude e pola veteranía”, pois só así, engadiu a presidenta, “se poden facer ben as cousas. Coa experiencia dos máis antigos e o aire fresco dos máis novos, estou convencida de que o resultado será positivo”, enfatizou.
A formación acode a este proceso electoral coa “máxima ilusión e responsabilidade”. “Confío en que se poidan manter os gobernos existentes e gañar outros” porque na súa opinión, “os cidadáns saben que somos a única forza que goberna con estabilidade; a única forza centrada no rural, na economía, nas empresas, no emprego e en cumprir o que di. Non hai máis que ver que ao PSOE nacional lle bastaron dous días para voltar enganar aos españois, subíndonos os impostos que pagamos todos”, subliñou.
“Equipos gañadores” e presenza feminina
Neste senso, a presidenta destacou “o intenso” labor que o Partido levou a cabo durante os últimos meses para “deseñar equipos gañadores”. Detrás destes 67 candidatos hai moitas persoas que os acompañan nas respectivas listas chegando a sumar arredor de 1.000 en toda a provincia.
Asemade, destacou o feito de que “cada vez somos máis as mulleres que damos un paso á fronte”. E é que desta volta, ademais de Mondoñedo, Folgoso do Courel, Triacastela e Rábade; as listas de Guntín, Monforte de Lemos, Muras, Negueira de Muñiz e O Páramo tamén están capitaneadas por mulleres. “Sen lugar a dúbidas, claro que podiamos ser moitas máis; pero, non obstante, si que creo que sumar outros Concellos é, cando menos, un avance e un dato positivo”, remarcou.
Representación en todos os Concellos
Deste xeito, o Partido Popular, “tal e como fixo sempre”, presenta candidaturas nos 67 municipios da provincia. Son un total de 29 os municipios que ven renovados os seus cabezas de cartel: Alfoz, Burela, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Chantada, A Fonsagrada, Guntín, O Incio, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Negueira de Muñiz, Ourol, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Samos, O Saviñao, Trabada, Vilalba, Viveiro e Xermade.
Pola súa banda, os 38 nos que se mantén o candidato son: Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Folgoso do Courel, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Mondoñedo, Navia de Suarna, As Nogais, Outeiro de Rei, Pantón, Palas de Rei, Paradela, Pobra de Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Riotorto, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo e Xove.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



