Este venres 31 cun relatorio sobre baloncesto, a cargo do adestrador do Ensino Lugo, Juan Nécega Rodríguez.

Será en beneficio da AECC o xoves 4 de setembro ás 20.30 h no Teatro de Ribadeo.
Dende ás 01.50 horas do martes está activo un incendio forestal no concello da Fonsagrada, parroquia de San Pedro de Río, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 40 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 10 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 4 avións.
Tamén tivo lugar a segunda xornada do Mercado de Rúa, no que se dan cita máis de vinte comercios locais, que ofrecen descontos especiais sacando os seus stocks ás rúas ribadenses. Esta cita volverá os días 30 e 31 de agosto. Este luns, arranca a grande semana multiaventura de Acisa con rocódromo, inchables, festa da escuma e un deslizador de máis de 100 metros de longo. Toda a información está na web www.acisaribadeo.es e nas redes sociais do colectivo empresarial ribadense
O certame, o máis antigo de Galicia e tamén o mellor dotado economicamente, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un premio de
7.000 euros, ao que se suma a publicación da obra.
O evento foi organizado polo Club Atletismo Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa.
O pasado mércores, 20 de agosto, celebrouse na Casa da Cultura a proxección e coloquio e entrega de premios do Concurso de fotografía turística do Vicedo, que alcanza xa a súa 8ª edición. Uns 25 participantes presentaron máis de 60 fotografías de todo tipo destacando pola súa grande calidade mostrando estampas tanto da costa como do interior do noso municipio. O coloquio-proxección foi moi animado e os propios fotógrafos participantes puideron expresar as súas intencións e anécdotas en torno ás fotografías presentadas. Os premiados foron: 1º premio (300€) Mónica Vila con "San Román". 2º premio (200 €) Alejandro Martínez con "Maravillas del Amanecer". 3º premio (100 €) Sarai Fernández con "O faro de Vicedo Vello". Premio especial a menores de 30 anos (50 €) Laura García con "O Vicedo. Silencio que acolle"
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital