Viveiro, 15 de maio de 2019.- A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, mantiveron un encontro cos veciños do barrio de Xunqueira, afectados pola riada do ano pasado, para coñecer de primeira man as súas necesidades. Os habitantes da zona trasladáronlles aos socialistas o seu rexeitamento ao informe hidrográfico que a Xunta de Galicia remitiu ao Concello para evitar que se produzan novas inundacións, porque lles deixarían pouco marxe de espazo dende o río ás súas casas.
María Loureiro destacou que “a proposta do goberno galego para rehabilitar Xunqueira non convence aos veciños que viven no barrio e temos que entendelos e axudalos. Dende o Concello e a Deputación apoiamos aos veciños, como fixemos dende o primeiro momento, porque aínda que sexan viables tecnicamente as obras entendemos que temos que ter en conta a súa calidade de vida, pois hai moita xente maior. E o faremos unha vez máis, sendo as institucións que arriman o ombreiro para que os veciños que viven en Xunqueira poidan saír adiante”.
A Alcaldesa de Viveiro denunciou que “o PP É consciente da situación na que está o barrio e que aínda queda moito traballo para recuperar a totalidade da zona. E o saben porque convoquei unha Comisión Informativa no Concello, na que estaban representantes do Partido Popular, para trasladarlles o informe hidrográfico de Augas de Galicia no que se nos urxe a tomar medidas e reconstruír a zona cun orzamento de 500.000 euros, achegando esa cantidade entre Concello e Deputación. Dende o Concello agardamos que a Xunta de Galicia colabore co financiamento do proxecto e non sexa outra promesa electoral que logo non cumpren”.
O Goberno da Deputación comprometido con Xunqueira
Campos Conde subliñou que “dende o Executivo da Deputación destinamos todos os medios técnicos e humanos necesarios para valorar os informes dos afectados. Achegamos 80.000 euros para arranxar o muro do cemiterio que está moi deteriorado. E volvémolo facer agora para axudar ao Concello de Viveiro a restablecer as prestacións danadas polo desbordamento do río Ponte Labrada. Porque este Goberno da Deputación si ten a sensibilidade que non teñen outras institucións”.










As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



