A Presidenta provincial participou este luns na presentación desta cita, que se celebrará este sábado no campo da festa de Negradas e que organiza a Asociación cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial colabora con 21.000€
Lugo, 19 de marzo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, 21 de marzo. O evento, que inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000€ para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo.
Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso Goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e contribúan a manter vivas as nosas tradicións”.
Nese sentido, a mandataria agradeceu o esforzo desta Asociación que leva máis de 40 anos realizando diversas iniciativas para fomentar a música e o baile tradicional da man “dos seus grupos compostos tanto por nenos como por adultos”. Recordou ademais que “é a única agrupación deste tipo no concello do Vicedo”.
A programación que hai prevista para celebrar o II Serán inclúe un obradoiro de percusión que impartirá Óscar Fojo, dirixido tanto a público adulto como infantil; un concerto do Grupo Os Carecos; música e baile tradicional da man dos Acordeonistas da Mariña ou Os Netos do Escribano; e unha comida popular, entre outras propostas. Ao acto de presentación desta cita tamén asistiu a presidenta da Asociación, Noelia Piñeiro García, acompañada doutros membros do colectivo, así como outras autoridades.
Apoio ao colectivo
A colaboración con asociación cultural Os do 21 serve para apoiar a súa actividade, como o mantemento das instalacións, a indumentaria e materiais para as actividades culturais, o transporte, a elaboración de carteis para dar publicidade ás súas iniciativas, servizos de asesoría ou os seguros de responsabilidade civil.
Na actualidade, a agrupación folclórica é a única asociación destas características no concello do Vicedo e conta con diferentes grupos segundo as idades dos seus integrantes: As Folerpas, con nenos e nenas de entre 6 e 12 anos; As Faiscas, para mozos e mozas de entre 12 e 15 anos; As Ferriñas, entre 14 e 22 anos; As Furelas, grupo de iniciación para persoas adultas; e Os do 21, que é o grupo adulto.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



