Mondoñedo, 19 de marzo, 2026. Luís Alberto López Muñoz, fillo do mindoniense Victoriano López, é un galego nado en Madrid que presenta en Mondoñedo a súa obra Galicia: Afectos y Vivencias, un libro profundamente intimista no que recolle lembranzas, afectos e episodios persoais e profesionais ligados á súa vida e á súa relación con Galicia.
A obra estrutúrase en dez capítulos que percorren dez décadas vitais do autor, desde a infancia ata 2019, ofrecendo unha mirada autobiográfica marcada pola emoción e pola memoria.
Enxeñeiro Industrial e Enxeñeiro do Estado retirado, López Muñoz desenvolveu unha ampla traxectoria tanto no sector privado —onde fundou e dirixiu unha empresa de instalacións eléctricas— como no público, con responsabilidades na Junta de Energía Nuclear ou participando na creación da Feira de Artesanía de Segovia.
Galicia: Afectos y Vivencias nace das súas inquedanzas persoais e das numerosas viaxes que realizou ao longo da súa carreira, que lle permitiron manter sempre un vínculo estreito con Galicia, especialmente con Mondoñedo, pero tamén con outras zonas como Ourense ou Pontevedra.
A presentación terá lugar o vindeiro venres ás 20:00 h no Pazo Santomé de Mondoñedo. O autor estará acompañado polo alcalde, Manuel Otero, e por Luís Joaquín Salaverri Cabanela, amigo de toda a vida. Será unha oportunidade para achegarse a unha obra que revisita o pasado desde unha perspectiva íntima e chea de experiencia vital.
O Concello de Mondoñedo e o propio autor convidan á cidadanía a asistir a este encontro literario para compartir un percorrido ameno e evocador pola memoria e polos afectos que unen a Luís Alberto López Muñoz con Galicia.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



