Foz, 16 de marzo de 2026. A voceira do goberno municipal, a socialista Inés López Couto, explica que “a oposición debera facer con máis seriedade as súas demandas, cando sabe que o responsable dos mantementos da costa é a demarcación de Costas do Estado e non o Concello. Só o fai por manter a súa oposición destrutiva. Este goberno xa reclamou que se retirara todo o material que se acumula na desembocadura do Ouro. A maiores temos que recordarlle que no inicio do noso primeiro mandato o paseo marítimo en Fazouro, nesa mesma zona pola marxe esquerda desde a Ponte de Ferro ata a depuradora, estaba cortado e o señor Castiñeira non fixera absolutamente nada. O Concello de Foz cos seus propios fondos e coa solicitude debida dos permisos fixo unha nova escollera de protección (cun investimento de 32.181,18 euros) e repuxo o paseo marítimo que el deixara abandonado. Do mesmo xeito que coas reclamacións deste goberno se fixo o paseo de 1,5 quilómetros de Fazouro a Peizás ou se arranxou o frontal da Praia da Pampillosa ou igual que renovamos o alumeado na área recreativa da Ponte de Ferro. Que obras se fixeron durante o seu mandato nesa zona? Non lembramos ningunha”.
Inés López Couto engade que “o voceiro do Partido Popular parece que espertou da hibernación e é curioso que o señor Castiñeira manteña unha continua provocación nos medios de comunicación, agora que anunciou o fin da súa etapa política en Foz. Parece que dende que se botou a un lado está máis traballador de repente, quizais agora ten remordementos de todo o que non traballou cando puido facelo”.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



