Ribadeo, 28 de maio de 2019. O Partido Popular de Ribadeo, por medio do seu candidato á Alcaldía, Daniel Vega, agradece o apoio de 1.740 votantes nas eleccións municipais deste pasado domingo, o que supón unha suba do 45 por cento. Ademais felicita a Fernando Suárez polos seus resultados, aínda que baixou en todas as mesas.
“En primeiro lugar quero darlles as grazas ás persoas que nos votaron e apoiaron este proxecto que significa traballar por e para Ribadeo; estamos tremendamente agradecidos por ese respaldo de 1.740 votos, que significa subir un 45 por cento e dez puntos. O Partido Popular atópase nunha oposición e nunha posición moi importante. Na oposición estaremos para fiscalizar ao goberno, pero tamén propoñendo e traendo investimentos para Ribadeo. Nós dicíamos na campaña electoral que había que acudir a unha colaboración institucional que signifique traballar e impulsar iniciativas a favor de Ribadeo. Polo tanto aquilo que dicíamos no lema Ribadeo é o que importa ten que pasar agora aos feitos, que acreditarán que o Partido Popular vai ter esa posición leal con Ribadeo, a favor de Ribadeo; iso é o que nos vai mover”, manifestou Daniel Vega.
Vega engadiu: “sen lugar a dúbidas tamén temos que felicitar ao señor Suárez por ese resultado electoral. É verdade que baixou un concelleiro, baixou votos en todas as mesas, pero el ten agora mesmo o labor de goberno e nós vamos estar en colaboración con Ribadeo”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



