O Valadouro, 21 de maio de 2019.- O Alcalde socialista do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, explicou este martes que os veciños do Valadouro disporán dunha nova piscina para cativos grazas á Deputación e o Concello. O Rexedor socialista detallou que son unhas obras moi necesarias coas que se dá resposta a unha necesidade real dos veciños, pois nas instalacións públicas da piscina municipal non dispoñían dun vaso para rapaces . As obras, que están a piques de ser contratadas con 30.000 euros, estarán listas a finais de xuño.
Maseda Maseda explicou que “hoxe en día no Valadouro hai 150 nenos e nenas no colexio de todas as idades que, no verán, desfrutarán destas instalacións. Co fin de ofrecer tamén esta posibilidade aos máis pícaros, decidimos construír este segundo vaso da piscina para que poidan bañarse bebés e rapaces pequenos con maior seguridade”.
Neste senso, o rexedor socialista explicou que o que se pretende con este tipo de actuacións é dotar aos veciños do municipio de máis servizos e dotacións públicas cos que facer máis sinxelo o seu día a día e fomentar, deste xeito, a fixación de poboación.
“Dende o PSOE defendemos que os nosos veciños, independentemente de onde vivan, deben ter recursos públicos das institucións que melloren a súa vida xa que estes fondos son seus. Este é o xeito de Gobernar que dos socialistas, distribuíndo fondos con criterios totalmente obxectivos, a diferenza do que fai a Xunta do Partido Popular, que colabora cos concellos de xeito totalmente partidista”, destacou.
As obras consisten na construción dunha piscina dun solo vaso nun espazo de 60 metros cadrados, de 10 por 6 metros e dunha profundidade de 0,5 metros a 0,8, dirixida ao chapoteo ou á natación. Ademais, e por motivos de seguridade, atópase a unha distancia de 12 metros da piscina grande.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



