A Mariña 9-5-19. Juan Carlos Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de CxG, que formará parte da Coalición CEUS (Coalición por una Europa Solidaria) en alianza con EAJ-PNV, Geroa Ba i, Coalición Canaria, Proposta Per Les Illes e Demòcrates Valencians, buscará “basearnos nas excelentes alianzas que ten Compromiso por Galicia para apoiar ao sector da Pesca en Bruxelas, do mesmo xeito que faremos todo o posible para defender os postos de traballo en Alcoa”, entre outras medidas de interese para a comarca da Mariña.
Piñeiro asistiu á posta de largo da coalición en Bilbao, onde se reafirmou no compromiso de CxG “cos dereitos sociais e as políticas de potenciación da industria, ademais dunha aposta sen fisuras por Galicia na Europa dos pobos” como defende o partido galeguista desde os seus inicios. “A Maríña tamén se xoga un futuro con máis posibilidades nestas eleccións. Non existen mellores compañeiros de viaxe no parlamento europeo que os nosos socios de EAJ-PNV, con Izaskun Bilbao Barandica á cabeza, porque levan anos demostrando que sempre están ao noso lado para apoiarnos na defensa dos intereses de Galicia”.
