Santiago de Compostela, 29 de maio de 19. A parlamentaria socialista Patricia Otero acusou hoxe á Xunta de ter paralizado durante tres anos e medio a nova sala de espera para mulleres maltratadas do Xulgado de Viveiro que foi posta a disposición polo concello en decembro de 2015. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Pleno para reclamarlle ao goberno que formalice a cesión do inmoble do Concello na rúa Alfonso Pérez.
Otero reivindicou un “espazo digno que garanta a comodidade e o anonimato” para as mulleres que deciden dar o paso e denunciar ao presunto maltratador, e que agora teñen que permanecer nun espazo acondicionado no arquivo do Xulgado do Civil, coa incomodidade e o risco de cruzarse cos denunciados.
Advertiu o escaso custe económico desta actuación da que “só falla vontade política” por parte do Conselleiro da Vicepresidencia que puxo en dúbida logo de que onte o PP votara en contra dunha moción socialista para reclamar o remate, catro anos despois, do Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010-2015.
Discriminación
A responsable socialista acusou ao goberno galego de levar “dez anos discriminando e castigando aos veciños e veciñas de Viveiro porque non lles gusta que goberne o PSdeG”, e puxo como exemplo que “condicionara a mellora do vial Viveiro – Cabreiros a que gañara o seu candidato”. Advertiu que a alcaldesa, María Loureiro, “continuará gobernando o Concello porque os veciños e veciñas votaron contra o sectarismo e a política caciquil do PP”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



