Luis Villares e outros tres dos catorce deputados do Grupo Parlamentario de En Marea asinaron o seu pase ao Grupo Mixto, mentres unha quinta-Flora Miranda- anunciou a súa demisión inmediata. Deuse, pois, unha situación inédita: que os deputados suxeitos á liña política marcada polos órganos lexítimos do partido tivesen que deixar o Grupo no canto de facelo os deputados que racharan coa disciplina orgánica. Esta situación sería impensábel no eido local, onde as disposicións antitransfuguismo permiten a expulsión dos concelleiros rebeldes de cadanseu grupo local. Mais o Regulamento do Parlamento de Galicia non ten normativa análoga.
Compre lembrar que ás eleccións nacionais galegas de 2016 compareceu un partido, En Marea, fundado o 29 de xuño de 2016 como organización nacional galega e plenamente soberana. A desaquelada proporción obtida por Podemos entre os catorce deputados (sete, hoxe seis pola adscrición de Pancho Casal á liña oficialista de En Marea) explícase nunha trampulleira abordaxe telemática do proceso de primarias das candidaturas que implícitamente recoñeceu Echenique e marcou o comezo da colonización podemita.
Ficou entón claro que existían dous proxectos, un nacional galego e outro que acreditaba seren sucursal da esquerda española, cada vez máis xerarquicamente sometida ao personalismo de Pablo Iglesias. Velaí que a ruptura tardara de máis. Habería ter chegado moito antes, quizais xa cando o chamado grupo confederal no Congreso impediulle aos deputados Alexandra Fernández e Miguel Anxo Fernàn Vello actuar como auténticos voceiros. Pagaba ben máis a pena que Fernàn Vello e Alexandra Fernàndez, ao xeito do que intelixentemente fixeron os catro deputados de Compromis, pasaran a Grupo Mixto para visualizaren a liña política que querían as bases de En Marea.
Mais Deus nos libre dun xa foi. Aquí pasou o que pasou e En Marea enfronta o seu futuro sen representación nas Cortes nin nos principais concellos galegos, só con algunha representación local propia ou próxima nalgúns concellos medianos e pequenos. E ten de decidir o seu futuro dende esas desfavorábeis condicións, quizais a só un ano das vindeiras eleccións nacionais galegas.
Hai espazo para unha forza nacional galega á marxe do BNG? Non o había hai dez ou doce anos, mais semella que arestora podería existir ese oco, na medida na que o BNG non aposte decididamente por cobrir tamén o espazo dos sectores menos ideoloxizados, da transversalidade interclasista e das propostas socialdemócratas. En calquera caso, mal farían os actuais mareantes se definen o seu proxecto “contra” no canto de facelo en positivo e abertos, quer á aberta competición, quer a determinada cooperación co BNG. Como tamèn se definiran primeiro quen son os seus aliados estatais antes ca os seus propios socios estratéxicos galegos.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



