Burela, 5 de xuño de 2019. Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e desde Gaia levarán adiante varias actividades co alumnado do Ceip Vista Alegre.
Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente, lembra que “esta xornada ten como obxectivo sensibilizar á poboación mundial respecto a temas ambientais, centrando os esforzos en motivar ás persoas para que sexan axentes activos no desenrolo sostible e no cambio de actitude cara temas ambientais”.
A edil socialista explica que “este ano a loita contra a a contaminación do aire é a protagonista deste 5 de xuño. E dende a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela queremos facer fincapé en que todos podemos con pequenas accións mellorar a calidade do aire: usar menos o vehículo privado e máis o transporte público, usar a bicicleta ou desprazarnos a pé en traxectos curtos, utilizar menos a calefacción ou o aire acondicionado, apostar polas enerxías renovables e as tecnoloxías sostibles, reciclar o lixo…Resulta sorprendente e á vez preocupante que o 92% dos habitantes do mundo non esteamos respirando aire limpo, o cal provoca enfermidades e incluso mortes, e que supoña un custo duns 5 billóns de dólares cada ano en gastos de asistencia sanitaria e social a nivel mundial, segundo arroxan os estudos realizados ao respecto”.
Dende Gaia, Aula Medioambiental do Concello burelés, programaron varias actividades para celebrar este día tan importante con todos os alumnos do CEIP Vista Alegre, dende Infantil ata 6º de Primaria. “Ao longo do día de onte e de hoxe estamos a facer distintos talleres e xogos: Pasapalabra Medioambiental, taller de cociña con sobras, manualidades con material de reciclaxe e talleres de plantas aromáticas”, explican as monitoras de Gaia.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



