Barreiros 13-6-19. O venres 24 de maio o goberno do PP en Barreiros aprobou facturas por importe de 469.987,17€; dos cales 135.558,38€ corresponden a un mesmo grupo de empresas.
A maiores existe unha orde de Facenda da Xunta de obriga de adoptar un acordo de non dispoñibilidade por importe de 129.767,96€; o que supón un embargo desa cantidade.
E hai que ter en conta a cuantia do présto de pago a provedores de 376.122,20€ anuais que deben ser pagados antes ca ningún outro gasto.
Con esta situación hai que afrontar a campaña de verán, con unha oferta de emprego para socorrismo con subvención da Xunta para 8 persoas.
Para o BNG é fundamental o control de cada céntimo que se gaste e a realización dunha auditoría para determinar a legalidade dos gastos e tomar as accións oportunas
