Nesta primeira edición contou coa participación do grupo local A Rebolaxe e do coro tradicional Cantares do Brión. Desde a asociación queren agradecer tanto aos grupos como ao público asistente a súa participación neste evento que nace coa idea de consolidarse no tempo, co fin de que sexa unha data marcada no calendario; “cada segundo fin de semana do mes de xuño pretendemos celebrar o festival Mar de Voces, co obxectivo de que poida ser un punto de encontro da cultura galega e o escenario de diferentes grupos locais e tamén doutros puntos de Galicia que queiran compartir o seu talento con nós en San Ciprián”, precisaron.
