Ribadeo, 13 de xuño de 2019. O vindeiro xoves, 20 de xuño, será inaugurado o recén creado espazo feminista na Biblioteca Municipal de Ribadeo.
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM “Abrindo cancelas é unha campaña de sensibilización en igualdade entre mulleres e homes mediante a promoción da lectura. A igualdade precisa que a cidadanía adquira ferramentas e tome conciencia para que cesen e diminúan as discriminacións existentes nos diferentes ámbitos (público e de participación social, laboral, no fogar e nos coidados, no deporte…). Por outra parte, a igualdade configurase tamén como a mellor forma de combater e erradicar ás violencias machistas”.
E engaden que “con esta campaña de Abrindo cancelas ven de crearse un espazo feminista dentro da Biblioteca Municipal. Consiste na creación dese espazo e na difusión do mesmo. Habilitouse un espazo na sala principal no que se integraron todos os libros que xa hai sobre igualdade e violencias de xénero e ademais para complementar o material existente na Biblioteca se realizou unha compra de obras clásicas do feminismo e de novos títulos que están a saír ao mercado. Desde a Concellaría de Igualdade faise unha importante inversión para incorporar libros ao patrimonio da Biblioteca Municipal. Dividíronse por idades, en infancia, adolescencia e adultos. E para darlle difusión a esta iniciativa editouse unha libreta pequena que leva unha frase da escritora Begoña Caamaño e que se repartirá entre todas as persoas socias da Biblioteca. As persoas interesadas en contar con ela só teñen que pasar por alí a recollela”.
O vindeiro xoves, 20 de xuño, ás 20.00 horas darase a coñecer este espazo feminista ao público. E para a súa inauguración contarase coa presenza da escritora e profesora da USC Carmen Blanco. Desde as Concellarías de Igualdade e Cultura “convidamos a todas as persoas que gusten da lectura a achegarse a coñecer este novo espazo”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



