Lugo, 13 de xuño de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, xunto á Presidenta e á Vicepresidenta da Asociación de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e Lidia Enrich, presentaron, este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a programación Referentes Galegas nas Aulas, que se iniciará o vindeiro luns no IES Lamas das Quendas do Concello de Chantada. Esta iniciativa achegará a alumnos de entre 15 e 18 anos encontros con mulleres referentes en diferentes eidos profesionais, co fin de dar visibilidade, entre os mozos, ás mulleres profesionais da Comunidade Galega.
López Izquierdo sinalou que “o próximo luns iniciamos esta programación coa primeira das charlas, na que participarán a catedrática de Microbioloxía da USC, Alicia Estévez Toranzo, e a Directora da Escola da Paisaxe, Juana de la Vega, Isabel Aguirre de Úrcola. Este será o primeiro dos 14 encontros que retomaremos no mes de setembro co vindeiro curso escolar en diferentes centros escolares de toda a provincia. Esta programación é unha boa oportunidade para achegar, ás novas xeracións, mulleres referentes en diversos sectores profesionais, co fin de que os estudantes descubran novos ámbitos de éxito”.
O obxectivo desta programación é crear unha canle que impulse e visibilice, entre os estudantes, a todas as mulleres profesionais que hai na comunidade galega. Nestes encontros participarán referentes galegas que compartirán as súas experiencias con mozos de 4º da ESO, Formación Profesional e 1º curso de Bacharelato. Os alumnos poderán interactuar coas poñentes que responderán ás preguntas que lles expoñan en relación coas súas carreiras profesionais.
As poñentes de Referentes Galegas nas Aulas explicarán aos alumnos a súa traxectoria profesional e interactuarán con eles resolvendo as súas dúbidas. Estas serán actividades transversais nas que os participantes traballarán habilidades sociais e de comunicación, co fin de que esta experiencia sexa, ao mesmo tempo, educativa e formadora.
Esta programación enmárcase dentro do proxecto, posto en marcha por esta asociación, Referentes Galegas, que inclúe un amplo directorio de mulleres que pola súa traxectoria e valía, poden ser modelos a seguir. No vindeiro mes de setembro, retomarase este proxecto co inicio do novo curso escolar. Os 14 encontros realizaranse nas seguintes zonas da provincia: Terra Chá; Guitiriz; Castro de Rei; A Mariña; Terra de Lemos; Chantada; A Ulloa; Sarria; Becerreá; A Fonsagrada e Lugo.
Executivas de Galicia
A Asociación de Executivas de Galicia está formada por mulleres profesionais do sector executivo e directivo, tanto público como privado que crearon un espazo colectivo e de apoio que visibiliza e impulsa o empoderamento feminino como motor de futuro. Este colectivo trata de visibilizar, defender e representar os dereitos e intereses da muller executiva galega.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



