Lourenzá, 15 de xuño de 2019.- A Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destacou que “supón un gran honor seguir como Alcaldesa do teu Concello” e salientou que “o compromiso cos veciños de Lourenzá sigue vixente e a ilusión intacta ao igual que en 2015 cando chegamos ao Goberno Municipal”. Fíxoo no acto de toma de posesión que tivo lugar este sábado no consistorio, tras acadar a maioría absoluta, con 676 votos. O PSOE terá 6 representantes no Concello dos 11 Concelleiros que conforman o Pleno da corporación.
Rocío López subliñou que “nestes 4 anos puxemos todo en orden porque estaba o Concello nunha situación moi delicada economicamente. Tivemos que optimizar os recursos cos que contábamos e xestionalos de xeito rigoroso para que as contas a final de ano deran en positivo. Aínda así, non renunciamos a achegar novos investimentos para mellorar as prestacións públicas, sobre todo no rural, e para que os nosos veciños gocen cada día dunha mellor calidade de vida e dun Concello máis próspero”.
“Dende o Goberno Municipal estaremos abertos ao diálogo e á cooperación co resto de grupos da oposición coa finalidade de que Lourenzá siga crecendo e tendo uns servizos adecuados, pero coa idea clara de respectar sempre o programa que presentamos aos laurentinos”.
A Alcaldesa de Lourenzá está arroupada neste mandato por un equipo de Goberno integrado polos Concelleiros socialistas, Javier Huertas Otero, Manuel Arango Ron, María Mercedes Dengra Sixto, Mario Leiton Ramallal e Sonia Gavino Reigosa.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



