Viveiro, 26 de xullo de 2019.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na inauguración do parque de aventuras Roq Park de Viveiro onde puxo de manifesto o papel de iniciativas emprendedoras que impulsen o rural galego da man do turismo de aventuras e de natureza dun xeito sustentable.
Como explicou, trátase dunha iniciativa que contribuirá a reforzar a oferta turística da Mariña lucense, que se está a consolidar como un dos destinos que máis medran en Galicia. Este novo espazo de lecer está situado nun espazo próximo á área recreativa de San Roque e naceu froito da colaboración dunha empresa local de actividades deportivas e de multiaventura e a comunidade de montes de San Roque. Foi un dos proxectos beneficiarios da liña de axudas do programa Galicia Rural Emprende, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que achegou 65.000 euros.
Como explicou Nava Castro, o novo parque promoverá un turismo familiar e de aventuras, un segmento “moi interesante” que tamén ten en conta a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que recolle de xeito transversal a importancia de ofrecer unha actividade turística que garanta a excelencia da atención aos viaxeiros e que axude a medrar a través da especialización e da adaptación aos novos mercados.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



