O Valadouro 28 de xullo, 2019. A Asociación Cultural Cultura do País de Lugo preséntase no Valadouro cunha disertación sobre a tradición do Antroido na comarca valeca.
O dramaturgo Manuel Lourenzo será o encargado pronuncie a conferencia intitulada “O Antroido tradicional no Valadouro” o venres 2 de agosto ás 19:00 h.
A cita terá lugar na Casa da Cultura que leva o nome do escritor, no local anexo ao vestíbulo. Previamente, terá lugar unha breve presentación dos obxectivos de Cultura do País, un colectivo que se asenta na comarca logo de que varias persoas de Alfoz e Ferreira creasen un grupo estábel.
Fillo predilecto do Valadouro desde hai unha década, Manuel Lourenzo inaugura o proxecto cultural na comarca, exercendo como mestre de cerimonias na primeira actividade do colectivo no Valadouro.
Este escritor, actor e director de escena mostrou sempre grande interese polo patrimonio inmaterial da terra que o viu nacer, por tal motivo, nos anos ’60 compilou toda a información existente sobre o antigo Antroido Valeco.
A orixe desta compilación etnográfica nacería dun amplo proxecto desenvolvido no seu día por varios intelectuais; tratábase de estudar as formas parateatrais galegas e cada un escollería unha localidade concreta e mais unha celebración, Manuel Lourenzo optaría polo Antroido da súa terra natal.
Cultura do País estréase na comarca coa divulgación de contidos etnográficos locais, tratando de transmitir a importancia dun patrimonio cultural que é preciso recoller, estudar e dar a coñecer ás xeracións futuras.
Cultura do País convida a veciñanza da Mariña a coñecer o seu proxecto cultural o vindeiro 2 de agosto en Ferreira, onde tamén se exporán as condicións para formar parte do colectivo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



