Cervo, 31 de xullo de 2019. O Concello de Cervo avanza nos trámites para ampliar o Museo do Mar, de San Cibrao.
Tal e como informou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o informe ambiental estratéxico xa foi sometido a exposición pública, e agora estase á espera dos informes dos organismos estatais e autonómicos pertinentes –Ministerio de Fomento, Costas do Estado, e servizo de Costas da Xunta de Galicia- “para levar xa a pleno a aprobación da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal”.
O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abrangue, ademais do edificio existente, unha edificiación privada empregada antigamente como vivenda.
Nestes terreos que se plantexan para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta -espazo, en ordenación mixta, destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-; mentras que no Museo establécese a ordenanza Dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreatrivo, relixioso, sanitario, asistencia…-.
Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568 m².
Tal e como recordou Villares “a ampliación do Museo do Mar, que é patrimonio de todos os cervenses, é un obxectivo prioritario e irrenunciable deste equipo de Goberno, e estamos a dar os pasos precisos para logralo, e incorporar o terreo contiguo para mellorar a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural para poder poñer a disposición da veciñanza todo o material que atesoura”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



