Lugo, 30 de xullo de 2019. A Corporación provincial aprobou por unanimidade no Pleno extraordinario celebrado este martes a organización que rexerá o funcionamento orgánico da Deputación neste mandato 2019-2023: a periodicidade e hora das sesións plenarias e da Xunta de Goberno, a creación e composición das comisións informativas, o nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados, o réxime de retribución dos membros da Corporación, a asignación económica aos grupos e o cadro de persoal eventual. Así mesmo, tamén se deu conta das resolucións de Presidencia de nomeamento da Vicepresidenta, a composición da Xunta de Goberno, a delegación das áreas de goberno e a designación de voceiros dos grupos provinciais.
O Goberno acadou co PP un acordo en todos os asuntos, polo que non houbo intervencións na sesión plenaria. O Presidente definiu as propostas aprobadas como “xustas e equilibradas”, que contribúen “a poñer as bases para unha boa e eficaz gobernanza da Deputación, co fin de que sexa útil aos concellos e aos veciños e veciñas da provincia, e tamén garanten que os grupos políticos teñan a capacidade, os recursos e os medios suficientes, para desenvolver a actividade que lles é propia, dentro da concepción digna da política que defendemos”.
En canto ao réxime de retribucións da Corporación, mantense o importe dos salarios que viñan percibindo tanto o Presidente como o resto dos integrantes da Corporación que tiñan retribución da entidade provincial. Para este mandato, ademais das dedicacións do Presidente e a Vicepresidenta, aprobáronse 7 dedicacións exclusivas, dúas ao 50% e outras dúas ao 75% para os deputados e deputadas do Goberno, ademais de 3 dedicacións exclusivas e unha parcial para o Grupo Provincial do Partido Popular, que deste xeito sube media dedicación con respecto ao anterior mandato.
En canto á asignación aos grupos políticos da Corporación, mantéñense os importes do pasado mandato: un compoñente fixo de 4.000€ ao mes por grupo político e un compoñente variable de 1.500€ ao mes por cada membro do grupo.
Polo que respecta á proposta sobre o cadro de persoal eventual, contempla 25 postos, dos cales 8 corresponden ao Grupo Provincial Socialista; 3 ao Grupo Provincial Popular; 3 ao Grupo Provincial do BNG; 7 á área de Presidencia; e 4 á de Vicepresidencia.
Con respecto das últimas propostas de Goberno para o Pleno de Organización increméntase en 1,5 dedicacións, repartidas entre Goberno e oposición, e 2 postos en persoal eventual.
Coas retribucións aprobadas hoxe, tal e como destacou o Presidente, a Deputación de Lugo segue sendo a máis económica de Galicia, isto é, a que menos contía dedica a retribucións da Corporación e persoal eventual. O soldo do Presidente, que se mantén nos 67.500€, é ademais o máis baixo dos catro presidentes provinciais.
Pleno, Xunta de Goberno e Comisións Informativas
O Pleno ordinario manterase o último xoves de cada mes, ás 11.00h., e a Xunta de Goberno, os venres de cada semana, igualmente ás 11.00h. Este órgano está formada por 9 deputados: ademais do Presidente e a Vicepresidenta, intégrano Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Mayra García Bermúdez, Roberto Fernández Rico, Xosé María Arias Fernández, José Luis Raposo Magdalena e Mónica Freire Rancaño.
Créanse dúas Comisións Informativas: a Xeral de Asuntos do Pleno e a de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, que preside José Tomé e ten 3 integrantes do grupo provincial do PP, 3 do PSOE e 1 do BNG.
Delegación de áreas e voceiros
– Ademais da Presidencia, José Tomé asume a área de Xestión Territorial.
– Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística: Maite Ferreiro Tallón.
– Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo: Pilar García Porto.
– Promoción Económica e Social: Pablo Rivera Capón.
– Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas: Mayra Gómez Bermúdez.
– Participación Cidadá: Roberto García Pernas.
– Muller e Igualdade: María Loureiro García.
– Cooperación e Asistencia aos Concellos: Xosé María Arias.
– Formación, Ensino e Economía do Coñecemento: Ana González Abelleira.
– Medio Ambiente: José Luis Raposo.
– Recursos Sostibles: Roberto Fernández Rico.
– Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica: Efrén Castro Caloto.
– Medio Rural e do Mar, e Mocidade: Mónica Freire Rancaño.
Na sesión de hoxe tamén se deu conta da designación de voceiros dos grupos políticos provinciais. Pilar García Porto será a do PSdeG; Efrén Castro, polo BNG; e Elena Candia, polo PP.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



