Ribadeo, 30 de xullo de 2019. O Real Club Náutico de Ribadeo presentou a XXIX edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo, que se celebrará do 5 ao 11 de agosto con diversas probas de cruceiro e vela tradicional.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, manifestou que “para el Real Club Náutico de Ribadeo es una satisfacción, un año más, hacer la presentación de la Semana Náutica, que este año va entre el 5 y el 11 de agosto. Tendremos las actividades que se vienen haciendo, las regatas que están consolidadas ya desde los inicios del club, y para nosotros es una satisfacción”.
Ramón Acuña engadiu que “este año hay alguna complicación porque la verdad es que nunca sabe uno cómo va a acertar con el tiempo. Ya vemos lo que está pasando hoy, en este momento está amenazando una tormenta y a la vez tenemos sol. Esperemos que en esta Semana Náutica todo el mundo pueda disfrutar, que sea lúdica para todos y que los que nos visitan disfruten de este aliciente que el Club Náutico pone todos los años a disposición de los socios y de todos cuantos nos visitan”.
A XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo comezará o luns 5 de agosto co VIII Trofeo Acisa de cruceiro local. O martes 6 celebrarase o IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional. O mércores 7 terá lugar o XXIX Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional. O xoves 8 disputarase o VIII Trofeo RCN de Ribadeo Semana Náutica de cruceiro local, e o venres 9 será a quenda do XXI Trofeo Deputación de Lugo de vela tradicional. Todas as probas darán comezo ás 17:00 horas.
O sábado 10, ás 11:00 horas, terá lugar o VI Trofeo Seat-Talleres Armando Escolas de Verán de vela lixeira e ás 17:00 horas dará comezo o VIII Trofeo Abanca de cruceiro local. Finalmente o domingo 11 ás 11:00 horas terá lugar o XXI Trofeo Escola Municipal de Vela de vela lixeira e ás 17:00 horas o I Trofeo Xunta de Galicia de vela tradicional.
O sábado 17 de agosto celebrarase o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partires das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.
Ademais do presidente do Real Club Náutico de Ribadeo á presentación este mediodía no porto deportivo ribadense asistiron o vicepresidente da entidade, Pablo Fernández; o secretario, Fermín Rodríguez; e o vocal Juan López. En representación da corporación ribadense estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros Daniel Vega, Begoña Sanjurjo e Marta García. Tamén participou a xefa territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, María José Gómez; o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez; e en representación de Talleres Armando estivo Alberto Rodríguez.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



