Trabada, 27 de xullo, 2019. O Partido Popular de Trabada advirte que a alcaldesa desta localidade convocou o Pleno de Organización fóra de prazo. Trátase dunha cuestión que para os populares “non é menor”, senón que “é un asunto de vital importancia para comezar a traballar canto antes e atender ás demandas dos veciños”.
Concretamente, dita sesión debería de ser convocada no prazo dun mes a partir do constitutivo celebrado o 15 de xuño, tal como establece o art.. 38 do Real Decreto 2568/86 polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais. Por tanto, indican, que dilatar a súa celebración implica que “aínda non saibamos que responsabilidades van coller os concelleiros do PSOE, proposta de salarios, periodicidade dos Plenos e da Xuntas de Goberno, no caso de que as haxa”; cuestións todas elas, afirman, “vitais para o funcionamento do día a día do Concello”.
Ocupada pola Deputación
Os edís do PP censuran que, o que debería de ser un paso inmediato, a rexedora o demorase ata o punto que xa é imposible que se celebre nos tempos fixados organicamente, e non descartan que “esta deixación de funcións” veña dada polas novas responsabilidades que a socialista vén de asumir na Deputación, e “que poden facer que xa se esquecese de Trabada e dos asuntos municipais”. “Sería moi grave que se demostrase que á alcaldesa lle interesa máis ir a Lugo que atender aos seus veciños”, manifestan.
Con todo, agardan que esta sexa “a última” ocasión na que se produza “un episodio semellante” e “manteña ao día” os asuntos municipais, pois isto, indica, “é o mínimo que un alcalde ou alcaldesa debe facer logo de obter a confianza da cidadanía nas urnas”.


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



