Viveiro, 24 de xullo, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro pide á alcaldesa que emprenda as xestións necesarias para erradicar “de xeito inmediato” a praga de vermes existente na Avenida Nicolás Montenegro, entre os números 32 e 16, e nas inmediacións do edificio número 2 da Rúa Chamorro. Os populares, alertados polos veciños e logo de que o equipo de goberno fixese caso omiso das súas peticións, veñen de presentar un rogo para que a entidade local actúe “coa máxima urxencia”, xa que a existencia destes animais pode ser “un foco de infección para as persoas”.
Neste senso, dende o PP consideran que a socialista “ten que dar instrucións xa”, pois “estamos ante un problema dunha dimensión pública importante”. E é que os roncos representan un grave risco para a saúde, podendo incluso contaminar alimentos ou a auga que logo inxiren os veciños e visitantes que nesta época elixen Viveiro como destino das súas vacacións.
Non é a primeira vez
Os edís do Partido Popular, e coñecedores de que esta non é a primeira vez que aparecen pragas deste tipo nas zonas indicadas, atribúen esta situación “á mala xestión do goberno que temos”. “Estamos a falar de cuestións básicas. Isto non é un proxecto que esixa grandes trámites, é unha cuestión de mantemento en bo estado da nosa cidade, sobre todo, cando estamos na época na que máis visitantes recibimos. Non atender ao que lles pediron os veciños parécenos gravísimo. Ademais, que imaxe estamos a dar?”, pregúntanse.
Limpeza das beirarrúas
Os veciños da rúa Chamarro tamén están “a sofrir” outras das consecuencias da xestión da socialista. Concretamente, en distintas ocasións, tamén se dirixiron ao equipo de goberno e ao persoal técnico para manifestar a necesidade de podar as árbores que invaden totalmente a rúa e o rozado das beirarrúas, pero nunca obtiveron un resultado satisfactorio ás súas peticións.
Esta situación provoca que se reduza a visibilidade tanto para os viandantes como para os condutores de vehículos, podendo ser a causa de sinistros. Asemade, na zona rural, e case na súa totalidade, as estradas tamén carecen de beirarrúas; o que obriga aos usuarios a ter que usar a calzadas.
Por este motivo, os populares, e indicando que “facer prevención é unha garantía de seguridade e unha mellora na calidade de vida dos veciños”, solicítanlle á rexedora que “solucione o que é outro problema máis”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



