Burela, 24 de xullo, 2019. O Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol fixou a Supercopa para o próximo 6 de setembro. O pavillón da Cidade do Fútbol de Las Rozas é o lugar elixido para que ese venres, a partir das 21:00 horas, cun duelo no que as Guerreiras Laranxas se volverán ver as caras co Futsi Atlético Navalcarnero.
O torneo -a partido único- enfronta as madrileñas, como campioas da liga regular de Primeira División Feminina, e o Pescados Rubén Burela FS, como vencedor da Copa de S.M. A Raíña. Rivalidade máxima. Igualados a puntos, Futsi levou o título da regularidade grazas á diferenza de goles, deixando a Burela somo subcampión.
Con todo, houbo distinto desenlace no torneo do KO. Madrileñas e galegas reeditarán a final copeira. Un encontro no que a emoción e o suspense estiveron presentes ata o último suspiro do partido. Os penaltis permitíronlle ao conxunto mariñán deixar o trofeo en Burela.
Por iso é polo que a Supercopa 2019 reúne todos os ingredientes para converterse noutro emocionante duelo de poder, entre dous dos mellores equipos de fútbol sala feminino do mundo.
Á marxe de que algunha televisión coa que xa se está negociando emita esta final, o que si é seguro é o que o choque entre Futsi Atlético Navalcarnero e Pescados Rubén Burela FS se poderá seguir en directo vía streaming a través de www.rfef.es e das diferentes canles da Real Federación Española de Fútbol.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
