Lugo, 26 de agosto de 2019.-A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha unha nova edición do programa “Outono Gastronómico en Turismo Rural” na que unha vintena de establecementos da provincia de Lugo convidan a gozar da gastronomía galega presentando cada un deles dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse ata a praza do Seminario da capital luguesa na que se instalou o autobús itinerante que promociona a edición 2019 deste programa, que se desenvolverá entre o 13 de setembro e o 15 de decembro, en toda a Comunidade.
Entre as principais novidades deste ano, ademais do aumento no número de establecementos participantes, que chegan ata os 20 no que respecta á provincia de Lugo, está a posta en marcha dunha oferta “Outono Plus” que é a máis completa, e ademais da posibilidade de degustar da mellor gastronomía e aloxamento, ofrece actividades complementarias tales como paseos a cabalo ou por espazos de interese cultural e ambiental, rutas de sendeirismo, visitas a adegas con catas de viño, ou gozar dunha actividade de escape room.
As casas de turismo rural de Galicia adheridas á promoción ofrecen distintas posibilidades, con prezos que van desde os 30 e ata os 300 euros, en función do número de persoas participantes, das actividades contratadas e da modalidade escollida.
Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” —que inclúe a oferta gastronómica sen aloxamento— tamén ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” —que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e durmir na casa de turismo rural elixida—, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. Se a opción escollida é compartir coa familia a fin de semana, ponse en marcha a oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos).
As ofertas descritas son válidas para os venres, sábados e domingos, agás as fins de semana das pontes (11 ao 13 de outubro, do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro).
A información relativa a este programa está dispoñible en internet no sitio web turismo.gal, no apartado dedicado a esta iniciativa. De xeito complementario, como en edicións anteriores, hai guías divulgativas á disposición do público, que poderán atoparse nos establecementos participantes e en oficinas de turismo.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



